Os concellos aproban o Plan Único da Deputación

0

Bisbarra, 18 de decembro do 2019 – Os distintos concellos celebran estes días plenos de aprobación das obras a incluir no Plan Único da Deputación.

O Plan Único da Deputación é un procedemento, implementado na anterior lexislatura, polo que se reúnen nun único trámite as distintas obras que os concellos levarán a cabo co apoio económico do ente provincial. A este Plan engádese posteriormente outro complementario con cantidades que dependen dos recursos que a institución poida conseguir a maiores dos xa garantidos en este primeira fase.

Os concellos poden destinar unha parte do Plan a gasto corrente e outra a obras o que permite tamén sanear a situación económica dos concellos. Frades, A Baña, Santa Comba, son algúns dos concellos que estes días celebraron os plenos e hoxe mércores farán o mesmo Lousame e Noia.

O caso de Lousame ten a particularidade de que onte martes o concello aprobaba o pago de 32.000 euros de facturas pendentes con Unión Fenosa. O concello mantén un litixio coa eléctrica por facturas incorrectas dos anos 2015, 16 e 17. En este caso os recibos son correctos e o equipo de goberno decidiu pagalas cun recoñecemento extraxudicial de crédito e así poder dedicar todo o importe do Plan Único a obras.

Orzamentos provinciais.

A Deputación aprobaba o pasado mes de novembro o orzamento para o 2020 que chega aos 180 millóns de euros dos que 41 están destinados a o Plan Único. Destacan tamén os 72 millóns que se destinarán a plans de emprego, os 18 destinados a vías e obras ou os dez destinados ao departamento de cultura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial