Os Reis Magos visitarán toda a bisbarra

0

Bisbarra, 4 de xaneiro do 2022 – Os Reis Magos visitarán a bisbarra como todos os anos e o faran respectando a normativa sanitaria.

Os Reis Magos piden a todos os cativos que teñan paciencia e colaboren cos concellos. Lembran que ademais de todo o que piden, previr a saúde de todos é o mellor agasallo que poden facer.

Horarios e formatos

Os Reis Magos teñen a capacidade de estar en todos lados pero en cada un adaptaranse ao disposto polas autoridades. Si nuns sitios visitarán todas as parroquias en outros esperarán aos cativos nun lugar disposto para o encontro.

A Baña organiza a recepción de Gaspar, Melchor e Baltasar no pavillón polideportivo de San Vicenzo. As Súas Maxestades de Oriente chegarán as cinco e media. Antes os asistentes disfrutarán dun espectáculo de escapismo a cargo de AsSircópatas. Para asistir, as persoas interesadas deberán reservar praza chamando ou mandando un wasap ao número de teléfono 981 88 65 01. A entrada é gratuíta.

Ames conseguiu convencer aos Reis Magos para que, xa que non hai cabalgata, paren polo menos dous días no concello. Os horarios das Recepcións Reais do martes 4 e mércores 5, nos pavillóns do Milladoiro e Bertamiráns serán, polas mañás, de 11:30 a 14:00 horas, e polas tardes, de 16:30 a 20:00 horas. Cada cita que se solicite a través do trámite indicado na sede electrónica servirá para unha unidade familiar completa, que poderá asistir en conxunto á recepción dos Reis, respectando desta maneira ás burbullas familiares e facilitando o respecto da distancia de seguridade entre grupos de convivencia. +info

Arzúa terá unha recepción cos Reis Magos a partir das cinco e media da tarde no Multiusos Terra do Queixo.

Os Reis Magos de Oriente visitarán as distintas parroquias do Concello de Brión o vindeiro día 5 de Xaneiro. A rapazada poderá falar durante uns minutos con eles para pedirlle os seus agasallos. Deberanse gardas as distancias de seguridade e, co fin de evitar as aglomeracións, cada neno só poderá estar acompañado por unha persoa adulta como máximo. Os horarios poden consultarse na web .

Boqueixón ofrece, na Casa da cultura de Camporrapado,  ás 16:00 horas o espectáculo “Os tres porquiños”, unha obra musical con bonecos a tamaño real da compañía EducaTeatro Producións. Ás 17:00 horas terá lugar un sorteo de agasallos, en colaboración con SBC Gasolineras, e a recepción dos Reis Magos para a que nos últimos días foron anotándose nenos do concello ou que estudan nel.

En Compostela tampouco haberá cabalgata e os Reis recibirán aso cativos na igrexa de Bonaval. Como Santiago e moi grande os Magos fixeron maxia para ampliar o horario e estarán de 11:30 a 13:30 y de 16:00 a 22:30 horas. Hai que facer reserva de entrada, en este enlace,  que é de balde.

Frades terá unha parada dos Reis Magos as tres e media na praza do centro médico de Abellá. As cinco e media pasarán pola praza de Ponte Carreira. En caso de choiva os reis visitarán os dous pavillóns polideportivos do concello en Abellá e Ponte Carreira. É necesario anotarse antes do dia 5 no concello. ( 981695567). Aqueles nenos e nenas que estedes confinados/as por culpa do covid ou por outro motivo e non poidades  sair da casa .deixade aviso e a dirección  no concello e si da tempo os Reis intentarán achegarse e saudar desde o exterior.

Lousame organiza o ncontro en sesións de mañá e tarde e xa pechou a entrega de tiquets para o evento. A recepción terá lugar en quendas de 10 minutos entre as 10:30 e as 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. As familias entrarán por unha das portas do auditorio e, despois de estar os seus dez minutos cos tres reis magos, sairán pola outra porta do auditorio, de forma que non haberá contacto entre os distintos grupos familiares.

En Melide percorrerán distintas rúas e a partir das seis estárán na Casa da Cultura municipal. +info

Negreira os recibirá o pavillón do CEIP o Coto desde as cinco as oito da tarde. A recepción farase de xeito estático e seguindo as recomendacións sanitarias. Padrón os recibirá no pavillón do Souto de seis e media a oito e media. En O Pino visitarán as distintas parroquias ao longo do día, podedes ver os horarios aqui. En Ordes ademais de percorrer as parroquias estarán na carpa da alameda desde as catro e media da tarde, +info.

En Oroso, de 10:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 17:00 horas. terá lugar unha recepción dos Reis Magos a todos os nenos e nenas que desexen velos no pavillón polideportivo. Os accesos e os aforos estarán perfectamente controlados por persoal do concello e de Protección Civil para respectar os protocolos Covid-19. A partir das seis cabalgata por distintas rúas do concello.

Rois conseguiu que o alcalde estivera con Melchor, Gaspar e Baltasar para preparar todo o programa e incluso o podemos ver en vídeo

Os Reis Magos visitarán todas as parroquias do concello e manterán as normas sanitarias. Pódense consultar os horarios na web municipal.

En Santa Comba a cita será do mesmo xeito no recinto feiral a partir das seis e media da tarde.  

En Teo os Reis visitarán varias zonas do concello despois de chegar á estación de Osebe. Non farán as recepcións habituais nos locais das asociacións pero rematarán cun encontro no pavillón da Ramallosa. Para asistir hai que anotarse e o encontro será a distancia e de xeito escalonado +info. En Touro pasarán por distintos lugares do concello cos seguintes horarios. En Trazo os Reis visitarán distintos lugares do concello + info.

Vedra recibirá aos Reis Magos na nave da estación as cinco da tarde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies