Tres concelleiros renuncian ás actas en Silleda e Negreira

0

Bisbarra, 11 de maio do 2021 – A dous anos vista das eleccións os movementos dos concellos seguen producíndose e a renuncia do alcalde Oroso Manuel Mirás súmanse a de dous concelleiros en Negreira e un en Silleda.

Silleda despide ao socialista Klaus Brey Montaña que entrou na corporación no ano 2011. Por outra banda o Pleno de Negreira tomo coñecemento da renuncia da popular María González Gómez e da socialista María Josefa Vázquez Alende.

Silleda

O alcalde, Manuel Cuíña, á esquerda, e o concelleiro Kalus Brey á dereita

Klaus Brey é un dos concelleiros que viviu toda a transformación de Silleda xa que leva dez anos na corporación. Natural da parroquia de Cira comezou asumindo as áreas de Deportes, Comercio e Industria e Mocidade.  A partir do ano 2013, foi tamén o responsable de Obras e Servizos,  Medio Rural e Turismo.

Negreira

O pleno municipal tomaba coñecemento este luns da renuncia da concelleira do Partido Popular María González Gómez.  Dase a circunstancia de que no ano 2017, formando parte de Pacto x Ames, renunciara ao se cargo de concelleira en Ames ao trasladarse a Negreira. Nas eleccións dos 2019 incorporouse as listas do Partido Popular na vila.

O Psoe nicrariense ven tamén como marcha María Josefa Vázquez por razóns estrictamente profesionais e persoais.

Serán sustituidas por Juan José Noya Rodríguez e Teresa Duro Leis, respectivamente, nos seus grupos políticos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial