O negocio en torno ao lixo preocupa na bisbarra

0

Bisbarra, 13 de decembro do 2021 – Esta fin de semana celebrouse a primeira xuntanza de colectivos afectados polo negocio do lixo na bisbarra de Compostela.

A xuntanza foi convocada pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos de Teo. Nun comunicado conxunto os colectivos advirten do uso de canteiras e fincas como vertedoiros de lixo.

Xuntáronse, ademais da plataforma convocante, representantes de Plataforma veciñal Mina Touro O Pino non, da Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago-Miramontes, da Asociación de Veciños Campo do Monte de Nemenzo (Santiago), da Asociación medioambiental e cultural A Pedra que Fala (Santiago) e da Asociación medioambiental a Rebolta Camanzo (Vila de Cruces).

Ao poñer en conxunto os problemas aos que se enfrontan, os colectivos explican que “puideron constatar que hai un modus operandi do tratamento de residuos en Galicia. O lixo non para de crecer e as empresas de residuos estanse facendo de ouro pois descubriron que se pode cobrar por tratar os residuos sen facelo e por botalos en calquera burato dunha canteira esgotada sen construir un vertedoiro”.

O principal problema que se constatou é que desde o seu punto de vista “a Xunta de Galicia permite e aplaude este tipo de xestións, poñendo paos na roda aos colectivos denunciantes e con escasa ou nula inspección ambiental a estas empresas”.

Os colectivos poñen como exemplo que según a información pública hai máis de 500 canteiras, sacadas en concurso público en Galicia, que están a mercar empresas do lixo “O negocio está claro, en vez de construir un vertedoiro nos lugares onde a lei deixa, aproveitan o oco das canteiras para botar todo mesturado alí e logo tapar con terra.Isto disfrázanno de restauración da canteira”.

Outro negocio, engaden,  é “conseguir unha finca calquera, aprobar un proxecto para tratar residuos e logo facer pequenas modificacións que non esixen exposición pública e acabar convertendo ese lugar, e máis fincas da zona, en pequenos vertedoiros ilegais”.

No comunicado emitido os colectivos advirten  “Quen non ten unha canteira a poucos quilómetros de onde vive? E unha finca? Pois en nada xa teñen a contaminación na porta da casa”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies