Blas García será desde esta tarde o novo alcalde de Ames

0

Ames, 8 de abril do 2021 – A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle esta tarde dous plenos extraordinarios para elixir a Blas García como novo alcalde e a Santiago Márquez Noya como novo concelleiro.

A cita será a partir das 8 da tarde pero a porta pechada. A intención ao celebrar os plenos na Xasa da Cultura é que todos os concelleiros poidan asistir de xeito presencia. As sesións poderanse seguir en streaming pola canle de youtube do concello.

O pasado luns 29 de marzo, o anterior alcalde, Jose Miñones, presentou por escrito a súa renuncia ao cargo de concelleiro e alcalde de Ames. Posteriormente, no pleno extraordinaria e urxente celebrado ese mesmo día 29 de marzo, deuse conta ao Pleno de dita renuncia, e en consecuencia declarouse a vacante producida. Deste xeito, solicitóuselle á Xunta Electoral Central a expedición de credencial a favor do seguinte candidato da lista na que se produciu a vacante (PSdeG-PSOE) que resulta ser Santiago Márquez Noya.

Ao tratarse dunha renuncia dun concelleiro, que ademais era o alcalde, debe procederse a elección dun novo alcalde. Para iso existe un prazo máximo, segundo se establece no ROF, de dez días dende a aceptación polo Pleno de dita renuncia. Este prazo esgótase o vindeiro 14 de abril, pero o pleno extraordinario para a elección do novo alcalde desenvolverase este xoves, 8 de abril, e estará presidido polo primeiro tenente de alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial