O BNG de Brión solicítalle ao Concello que impida as actuacións do Circo Vienna si verifica que se usan animáis

0

Brión, 13 de xuño do 2017 – O BNG de Brión a través do seu portavoz municipal, Xosé Penas, presentou onte unha proposta vía escrito ao goberno municipal solicitando actúe con todos os mecanismos legais vixentes ao fin de verificar e no seu caso suspender as funcións do Circo Vienna previstas no concello do 15 ao 18 de xuño ao entender que parte do “espectaculo” vanse realizar con animais.

O Circo Vienna xa tivo diversas problemáticas arreo do noso País, feito que o levou mesmo a ter que suspender as funcións en algúns concellos.

Ao mesmo tempo o BNG vai presentar unha moción para que Brión sexa considerada Vila libre de maltrato animal tal e como xa se consideran moitos concellos na Galiza.

Lindeiros comunicouse por correo electrónico con responsables do circo para pedirlles a súa opinión sen que ata o momento recibiramos resposta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial