O BNG de Brión solicita a creación dun Consello Escolar Municipal

0

Brión, 3 de maio do 2017 – O BNG de Brión a través do seu portavoz municipal, Xosé Penas, presentou unha proposta ao goberno municipal solicitando a creación dun Consello Escolar Municipal que acolla todos os centros e permita traballar de xeito conxunto.

A finalidade da proposta e estudar, debater, traballar e propoñer medidas e iniciativas conxuntas xa que, según o BNG de Brión,  moitas das mesmas son de interese global para toda a comunidade educativa.

A proposta parte despois de analizar e traballar nos mais recentes problemas acontecidos, sobre todo no Ceip Pedrouzos,  centrados na problematica actual na xestión do Comedor Escolar sendo actualmente a Xestión Directa, a mesma pola que aposta o BNG como modelo para seguir garantindo a calidade do servizo pola que sempre destacou o centro. Isto veuse confirmado após de realizar unha consulta sobre o tipo de xestión preferido entre pais e nais.

A isto hai que sumarlle a problemática co servizo de catering na escola unitaria dos Anxeles e doutras problemáticas que tiveron que soportar os diversos centros nos últimos anos (reformas inacabables no tempo, etc). Sendo coñecedora a propia Xunta de Galiza de todas e cada unha das problemáticas.

O BNG de Brión neste sentido esixe unha maior implicación, e moito mais activa (non só como ointes) por parte das administracións (Xunta de Galiza e Concello de Brión) na resolución dos problemas no eido educativo, sector clave para o noso Concello e para o País en xeral.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial