O BNG de Ordes presenta as propostas para os orzamentos

0

Os nacionalistas de Ordes apostan polo emprego e o comercio local nas propostas que presentan para os presupostos municipais

Ordes, 21 de novembro do 2016 – Pablo Vidal, portavoz municipal do BNG de Ordes, fixo públicas as propostas que os nacionalistas fan aos presupostos municipais de 2017.

O edil nacionalista manifestou que “desde o concello débense levar a cabo políticas que combatan a perda da poboación que sofre Ordes nos últimos anos perante a falta de oportunidades de traballo”. Neste sentido o BNG propón a posta en marcha no 2017 do viveiro de empresas no centro comarcal, campañas de impulso ao comercio local e a creación e promoción da marca Ordes.

Os nacionalistas tamén apostan pola creación de bolsas para proxectos de innovación, para executar proxectos de especialización, exportación e innovación da economía de Ordes.

Vidal ademais destacou que “creemos preciso tamén rematar co tradicional esquecemento á cultura e o deporte” e nese sentido os nacionalistas inclúen propostas para a creación dunha programación cultural estable ao longo de todo o ano e por tódalas parroquias, unha bolsa de subvencións a deportistas destacados/-as xunto coa ordenanza que a regule garantindo a concorrencia competitiva e a igualdade de oportunidades, así como a substitución da pista do pavillón Castelao e o acondicionamento da zona inferior das gradas para o seu aproveitamento.

Outras medidas que propoñen desde o BNG son a creación dunha ordenanza reguladora para a publicidade na emisora local que contribúa ao financiamento do seu funcionamento, así como sacar a concurso a xestión do servizo de cafetaría nas instalacións do antigo centro comarcal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial