O grupo parlamentario do BNG propón que a depuradora de Ordes sexa ampliada

0

Ordes, 13 xaneiro do 2017 – O grupo parlamentar do BNG presentou unha emenda aos presupostos da Xunta de Galiza para o ano 2017, na que se recollen as propostas do BNG de Ordes.

Os nacionalistas demandan, entre outros, a dotación de 17.400.000 € para actuacións de saneamento e abastecemento no país, incluíndo a ampliación da EDAR de Ordes xunto coa construción dun tanque de tormentas, a supresión dos condutos de fibrocemento no abastecemento de auga da vila de Ordes e actuacións de saneamento e abastecemento nas parroquias do concello de Ordes.

O voceiro nacionalista, Pablo Vidal advirte que “a depuradora de Ordes está saturada dado que foi proxectada para servir a 6.500 habitantes e a día de hoxe atende a mais de 7.100, ademais de ter enganchadas á rede de saneamento moitas conducións de pluviais”.
No tocante ao abastecemento Vidal explica que “a rede de abastecemento da vila de Ordes está formada en gran parte por condutos de fibrocemento, o cal orixina constantes avarías por roturas e riscos para a saúde polo amianto que conteñen”.

Os nacionalistas ordenses tampouco se quixeron esquecer das parroquias do seu concello, nas que segundo indican “en gran parte dos núcleos de poboación carecen por completo de redes municipais de saneamento e/ou abastecemento.”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial