Boqueixón acollerá dous espectáculos teatrais en Camporrapado

0

Boqueixón, 11 de marzo do 2021 – A Casa da Cultura de Camporrapad, en Boqueixón,  retoma a súa actividade cultural coa posta en escena de dous espectáculos teatrais.

Boqueixón acollerá a primeira das sesións o vindeiro 21 de marzo ás 18.00 horas coa comedia Running, de De Ste Xeito Producións. A segunda ofrecerase o seguinte domingo 28 coa representación de Tabú, interpretada por Tarabela Creativa.

Ambas as dúas obras están dirixidas a público maior de 12 anos e desenvólvense co apoio da Deputación provincial da Coruña.

As entradas son de balde, previa reserva a través do e-mail cultura@boqueixon.com ou no teléfono 981 513 115 ata tres días antes de cada espectáculo. O aforo está limitado e durante os espectáculos tomaranse as medidas de seguridade e prevención contra a expansión da COVID-19.

A comedia Running presenta a relación imposible entre Xulia e Román –interpretados por Sergio Macías e Stephy Llaryora, respectivamente-. Trátase dunha peza creada por Esther Carrodeguas, que se centra, en clave de humor, nas dificultades de relacionarse nestes tempos de présas.

Pola súa banda, e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, porase en escena a obra Tabú. Este espectáculo de Carmen Conde realiza un repaso á erótica e sexualidade da mocidade a través das conversas con mulleres de entre 70 e 95 anos procedentes de distintos puntos da costa galega. Un show de narración oral que ten como principal obxectivo transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade das avoas e que poden explicar por que as mulleres de agora son fillas do tabú.

Dende o Departamento de Cultura animan á veciñanza a asistir a ambos os dous espectáculos. Ao tempo, lembran que é imprescindible a reserva previa da entrada por motivos de aforo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial