Boqueixón delega competencias na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

0

Boqueixón, 13 de abril do 2021 – O concello de Boqueixón asinou o traspaso de competencias á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, asinou o convenio cos alcaldes de boqueixón, Manuel Fernández Munín, e de Cenlle, José Manuel Rodríguez, que tamén se suma a Axencia.

09,15 h.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e o alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez Lamas, asinarán o convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Asemade, a conselleira e o alcalde de Piñor, José Luís González Rodríguez, asinarán o convenio para ampliar as competencias delegadas. No seu despacho (1º andar).
foto xoán crespo
12/04/2021

Na actualidade son xa 91 concellos, 31 na provincia da Coruña, os que delegan no ente autonómico o control, supervisión e restablecemento da legalidade urbanística nos seus respectivos municipios

Beneficios para os concellos

A integración na Axencia ofrece unha serie de vantaxes para os municipios. Por medio de este convenio Boqueixón delega as súas competencias de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística.

As competencias afectan ás obras que se executen sen licenza, sempre que estean en solo rústico non urbanizable, en solo urbanizable ou apto, mentres non se aprobe o correspondente plantexamento, ou en núcleos rurais delimitados no correspondente PXOM.

De igual xeito, a APLU comprométese a transferir aos concellos o 10% do produto das multas coercitivas e das sancións impostas ata un máximo de 30.000 euros anuais e asume como principais funcións a tramitación dos expedientes de reposición así como os sancionadores, a prestación de asistencia técnica e xurídica a todos os municipios adheridos e a formación e sensibilización dos cidadáns na protección do territorio e da paisaxe.

Durante o acto de sinatura, a conselleira subliñou que o obxectivo do seu departamento é seguir incorporando novos municipios, ao tempo que se incrementa a colaboración cos xa adheridos.

Tras salientar os bos resultados desta actuación conxunta entre a APLU e as entidades locais en materia urbanística, Ánxeles Vázquez puxo como exemplo o descenso nun 39,26% das multas coercitivas impostas no 2020 ou que 9 de cada 10 reposicións da legalidade urbanística e de costas foron executadas xa por particulares, dous indicadores significativos de que existe unha concienciación social cada vez maior.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial