Boqueixón comeza a construción dunha senda peonil en Codeso

0

Boqueixón, 24 de maio do 2021 – O concello de Boqueixón comeza a construción dunha senda peonil entre os lugares de Rodiño e Codeso.

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, visitou as obras de mellora de seguridade viaria na estrada provincial DP-1201 entre Rodiño e Codeso. Durante o seu percorrido, estivo acompañado por un técnico da Deputación da Coruña e por un responsable da empresa adxudicataria deste proxecto.

Según Munín “Esta actuación permitirá ofrecer unha considerable mellora na mobilidade da veciñanza de ambos os dous núcleos. Trátase dunha vella demanda veciñal, que se vén reclamando dende o ano 2015 e que xa está máis preto de ser unha realidade”.

As obras, financiadas pola Deputación da Coruña, contan cun orzamento próximo aos 230.000 euros e o seu prazo de execución é de seis meses.

Os traballos mellorarán a seguridade viaria nun treito de preto de dous quilómetros e acometeranse en dous tramos. Este proxecto comprenderá a creación dunha senda peonil de 1,8 metros na marxe esquerda que se complementará coa mellora das beirarrúas de 1,5 metros existentes no tramo entre os puntos quilométricos 2+270 e 3+550.

A senda peonil construirase en formigón y contará cunha capa de zahorra en cor. O proxecto contempla, finalmente, os traballos correspondentes á recollida de pluviais, á execución dun colector e a instalación de arquetas e, para a iluminación, á canalización das tubaxes necesarias baixo a senda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial