Boqueixón condea a morte violenta dunha veciña en Vigo

0

Boqueixón, 18 de decembro do 2016 – O alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, asinou no día de onte, un decreto de alcaldía, condenando e lamentando a morte violenta, dunha veciña do municipio natural da parroquia de Gastrar, atopada morta no rellano dun edificio na Avenida de Madrid en Vigo (Pontevedra) na madrugada do viernes ao sábado.

Este documento tamén recolle que se decretan tres días de loito oficial no municipio e a corporación municipal convoca a todos os veciños e veciñas a unha concrentración de repulsa o luns 19 de decembro ás 11:00 horas diante da casa consistorial.

A totalidade da corporación municipal manifestou hoxe sentir “dor e incomprensión por este feito” e transmiten o seu apoio “á familia da víctima e as súas persoas achegadas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial