Boqueixón participa na campaña “Europa no teu Concello”

0

Boqueixón, 21 de xaneiro do 2022 – O Concello de Boqueixón participa na campaña “Europa no teu Concello”, unha iniciativa que ten como obxectivo achegar a idea de Europa aos máis novos.

Por medio dun punto de información situado na biblioteca municipal “Europa no teu Concello” achega publicacións e materiais sobre as principais iniciativas europeas de xuventude aos mozos e mozas do municipio.

A Oficina de Información Xuvenil (OMIX) de Boqueixón foi a encargada da instalación do punto informativo na biblioteca. Os mozos e mozas que se acheguen atoparán tamén materiais informativos sobre o Club UE, as Redes de Información Europea en Galicia e sobre Europe Direct A Coruña, un centro oficial de información da Comisión Europea que é o responsable do lanzamento da iniciativa “Europa no teu Concello”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies