Boqueixón instala cubertas nos parques infantís de Camporrapado e Lestedo

0

Boqueixón, 27 de outubro do 2020 – O Concello de Boqueixón está a acometer a instalación de cubertas nos parques infantís de Lestedo e Camporrapado, ao carón das Escolas Unitarias de esas parroquias.

A actuación supón un investimento de preto de 50.000 euros e conta cunha subvención da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, explica que “Con estas obras poderemos facilitar que a cativada xogue durante os días de mal tempo sen necesidade de mollarse”,

Boqueixón instala cubertas nos parques infantís de Camporrapado e LestedoO rexedor adiantou que “proximamente procederemos tamén á cubrición do parque infantil da Escola Unitaria de Sergude. Para acometer esta actuación utilizaremos arredor de 20.000 euros procedente do superávit da conta xeral 2019”.

No caso do parque infantil de Lestedo, estase a instalar unha estrutura metálica coa que se cubrirá unha superficie de preto de 150 metros cadrados, mentres que en Camporrapado amplíase ata os 215 m2. Ambas cubertas contarán con placas traslúcidas para favorecer a iluminación nos días anubrados. Do mesmo xeito, estas estruturas contarán cun sistema de recollida das augas pluviais. A previsión é que as actuacións finalicen nas vindeiras semanas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial