Melloras na seguridade viaria da Gándara, en Boimorto

0

Bisbarra, 13 de maio do 2022 – A Deputación da Coruña destina 306.856 euros para mellorar a seguridade viaria na DP-1002 ao seu paso Concello de Boimorto, no tramo que vai desde a estrada AC-234 á Gándara.

O proxecto para a Gándara foi aprobado este xoves  e pertence á cuarta fase do plan de vías provinciais 2022. Estas melloras repercuten na residencia de maiores de Boimorto á que se accede desde esta estrada.

As obras a levar a cabo entre os PK 1+380 ao PK 2+080 inclúen a ampliación da calzada, que pasará dos 4,80 metros de ancho actuais aos 6,50 metros con dous carrís de 3 metros e beiravías de 0,25 metros, e a execución dunha senda peonil de 2 metros na marxe esquerda para prolongar a beirarrúa existente. Posteriormente, pavimentarase a vía e habilitarase unha rede de recollida de pluviais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies