Brión pechou o 2016 cun remanente de Tesourería de case dous millóns de euros

0

Brión, 20 de abril do 2017 –  O Concello de Brión pechou o exercicio 2016 cun remanente de Tesourería para gastos xerais de case dous millóns de euros tal e como se deu conta na sesión plenaria ordinaria do mes de abril celebrada no día de onte.

Con estes datos, as contas brionesas, cumpren con todos os requisitos do principio de estabilidade orzamentaria, coa regra do gasto e co límite de débeda estipulados polo Estado.

No pleno celebrado tamén se deu conta da rectificación da listaxe de bens e dereitos do Concello de Brión. Tras a actualización realizada no período comprendido entre o 31 de decembro de 2015 e o mesmo día de 2016, o inventario municipal incrementou o seu valor en máis de 500.000 euros. Así, o valor total actual ascende a 36.297.344,15 euros.

Finalmente, a Corporación municipal aprobou por unanimidade un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 10.447,57 euros. Este corresponde a facturas que non se puideron aplicar no exercicio anterior ou cuxa entrada no rexistro se realizou no presente ano. Tamén por unanimidade deuse luz verde á modificación da subvención nominativa ao Bastavales UD, que finalmente quedou nun máximo de 9.100 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial