Brión acollerá as primeiras sesións dos ‘Espazos Sonoros. Sons e lugares do Reino Medieval de Galicia’ que organiza a Deputación

0

Brión, 7 de setembro do 2021- O ciclo ‘Espazos Sonoros. Sons e lugares do Reino Medieval de Galicia’ inicia a súa andaina esta fin de semana no concello de Brión.

Comezan con éxito estes Espazos Sonors xa que xa están agotadas todas as localidades para as sesións que terán lugar nas contornas das igrexas de Cornada e A Luaña o sábado 11 e na de San Fins o domingo 12.

O ciclo chega, ao longo de tres fins de semana do mes de setembro, a diferentes enclaves patrimoniais da provincia. Os Espazos Sonoros están organizados polas áreas de Cultura e Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña e dos concellos de Brión e Vimianzo.

O programa combina concertos musicais con roteiros e visitas guiadas nun total de oito espazos: as Torres de Altamira e as igrexas de Cornada, Luaña e San Fins en Brión, o Pazo de Mariñán en Bergondo, a igrexa de Santiago de Cereixo e o Castelo de Vimianzo, e as Torres do Allo en Zas.

A participación nas diferentes sesións é de balde pero é preciso reservar praza a través do mail actividades@espazossonoros.org. Cada luns ábrese o prazo de inscrición para as actividades da fin de semana, de xeito que para a fin de semana do 18 e 19 de setembro ábrese o prazo de inscrición o luns 13, e para a fin de semana do 25 e 26 abrirase o prazo o luns 20.

Programa

Sábado 11 de setembro. Igrexas de Cornada e A Luaña, Brión.

Programa: A lírica medieval galego-portuguesa na tradición oral galega. Inclúe actuación musical de ‘Manseliña’ e roteiro de músicas in itinere polas terras dos Moscoso con paradas en diferentes espazos.

Domingo 12 de setembro. Igrexa de San Fins, Brión

Programa: Il paradiso della música. Coa formación musical ‘Ensemble Ony Waytars’ e roteiro comentado polas Torres de Altamira.

Sábado 18 de setembro. Pazo de Mariñán, Bergondo

Programa: Músicas que arrecenden a lugares. Actuación musical a cargo da formación ‘Dous’ e visita guiada polo Pazo e xardíns.

Domingo 19 de setembro. Igrexa de Santiago de Cereixo, Vimianzo.

Programa: Labirinto. Formación musical ‘Vivd Consort’ e visita guiada pola contorna, que inclúe as Torres de Cereixo e paseo polo Río Grande e muíños da maré.

Sábado 25 de setembro. Castelo de Vimianzo.

Programa: Treides Comigo!. Con música de Xoan Curiel e visita polo Castelo

Domingo 26 de setembro. Torres do Allo, Zas.

Programa: Ben Vennas Maio. Con actuación de Pablo Pérez Sanmamed e visita ao conxunto das Torres.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial