Brión ampliará o polideportivo municipal de Pedrouzos

0

Brión, 1 de decembro do 2021 –  Un pleno extraordinario en Brión aprobou o proxecto de ampliación do pavillón polideportivo municipal de Pedrouzos.

A obra de Pedrouzos conta cun orzamento de 485.404 euros. A sesión aprobou tamén solicitar unha subvención nominativa á Deputación da Coruña de 150.000 euros. Unha proposta que foi aprobada cos votos a favor de PSOE e PP, coa abstención do BNG.

O proxecto inclúe a ampliación do polideportivo municipal cun segundo recinto axeitado tanto para a práctica deportiva como para acoller actividades culturais e educativas. O edificio será tamén empregado polo CEIP de Pedrouzos e o IES de Brión para o desenvolvemento de actividades. O proxecto inclúe a construción dunha pérgola de acceso á nova ampliación, que protexerá tamén da choiva ao alumnado de ambos centros escolares tanto cando teñen que agardar polos autobuses de volta a casa como nas chegadas aos colexios durante a mañá.

O BNG xustificou a súa abstención no feito de non ter sido consultado sobre o proxecto, asegurando que debería ser máis amplo. O alcalde, Pablo Lago Sanmartín, explicou que “o proxecto está adaptado ás medidas máximas da parcela da que dispoñemos, non dá para máis e non imos levalo a outra finca porque queremos que teña un carácter complementario para as familias de Brión”.

Alumeado e obras

Onde si houbo unanimidade foi na aprobación dunha solicitude ao IDAE para a renovación do alumeado público de 2.067.183 euros, o que permitirá renovar un 90% das luminarias por tecnoloxía LED, renovación dos centros de mando, instalación dun programa de telexestión… Se no anterior caso a petición de subvención acadaba o 30,9% do proxecto, neste caso chega ao 100% do proxecto.

Tamén se aprobaron por unanimidade a modificación do proxecto Camiño De Amañecida a Graña, así como un suplemento de crédito de 166.000 euros para facer fronte a estes traballos. Finalmente, o Pleno dou conta do período medio de pago do terceiro trimestre, de 14,02 días, e do cumprimento da estabilidade orzamentaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial