Brión aproba de xeito definitivo uns orzamentos de 6,1 millóns de euros

0

Brión, 25 de xaneiro do 2017 –  O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a aprobación definitiva dos Orzamentos Municipais do Concello de Brión para 2017, aprobados inicialmente polo pleno municipal o pasado 21 de decembro.

Unhas contas que ascenden a 6.161.000 euros, un 13% máis que en 2016, e que entrarán en vigor logo de que non se teña rexistrada alegación algunha durante o prazo de exposición pública.

O alcalde de Brión, José Luís García, destaca destes orzamentos “o seu importante contido social, que os converte nun instrumento de progreso e de igualdade”. Neste sentido, salienta que “os maiores incrementos se producen en partidas de contido social. Así, as achegas para Servizos Sociais medran un 15% e tamén medran as partidas para educación, cultura e deportes porque, a pesar da crise económica, non podemos permitir que se destrúa o estado de benestar que conseguimos para os nosos veciños e veciñas”.

O capítulo de investimentos medra en case 50.000 euros, con respecto a 2016, ata chegar aos 692.738 euros, a pesar de que xa non se contemplan neste capítulo as obras que realiza o Concello de Brión a través da súa cuadrilla municipal, que dende este ano pasaron a contabilizarse como gastos en bens correntes e servizos, partida que medra ata os 2.467.009 euros.

Os ingresos previstos para 2017 medran un 11% pola revisión dos valores catastrais realizada pola Dirección Xeral do Catastro e por unha maior achega por parte da Deputación Provincial da Coruña. Así, a partida de impostos directos ascende a 1,984.500 euros, mentres que por taxas se ingresarán 1.159.287 euros. A partida de transferencias correntes ascende a 2.569.023 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial