Brión aproveita o verán para o asfaltado do concello

0

Brión, 15 de xullo do 2021 – Máis de setecentos mil euros destina Brión este verán ao asfaltado de tres urbanizacións e sete camiños de titularidade municipal..

Unha inversión na época máis seca para solucionar os problemas que poidan aparecer en inverno. O asfaltado vai según o alcalde, Pablo lago, por bo camiño xa que “temos rematadas as obras nas urbanizacións Monte Devesa e Agronovo e a finais desta semana finalizaremos os traballos en Monte Balado para acto seguido mellorar con aglomerado en quente o firme de sete camiños nas parroquias”.

O prazo de execución é de tres meses. A superficie que recibiu xa aglomerado en quente chega aos 25.000 metros cadrados nas distintas urbanizacións. O Concello de Brión acometerá despois a mellora dun total de doce quilómetros en sete pistas municipais.

O asfaltado chegará ao camiño de Amañecida ata Graña (3,5 km), nas parroquias de Luaña e Cornanda. O camiño da estrada xeral en Gundín ata Saíme, pasando por Cabanas e Gontade (1,7 km), nas parroquias dos Ánxeles e Bastavales. O camiño da travesía de Liñares-Casal ata Tembra-Cantelar (1,5 km), nas parroquias de Brión e Boullón da estrada AC-300 ao Santo Arandel e o límite con Teo (1,7 km), parroquia de Bastavales. O camiño da estrada xeral ata o cruce da estrada da Deputación (2,1 km), parroquia de Bastavales. O camiño de Valiño a Saíme (1,17 km), parroquia de Bastavales e o camiño da AC-300 ata os accesos a Guisande, parroquia dos Ánxeles.

Nos sete casos contémplase a reparación de fochas e mellora do firme cunha nova capa de rodadura de 5 centímetros así como a limpeza de gabias, recuperación da sección hidráulica, repintado de marcas viarias e posta a cota de tapas de pozos, arquetas, reixas e sumidoiros.

A maiores, na mellora da estrada entre Gundín e Saíme contémplase o ancheamento en medio metro a cada lado da estrada nun tramo de 1.380 metros, así como a mellora do trazado dunha curva perigosa, para o que será necesario facer un muro de pedras de granito de 40 metros de longo para conter esta ampliación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial