Brión busca a cesión de tres estradas de titularidade autonómica

0

Brión, 16 de abril do 2021 – O alcalde de Brión, Pablo Lago, mantivo unha reunión coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para avanzar na cesión ao de tres tramos de estradas de titularidade autonómica.

A cesión de estas vías ao concello de Brión estaría condicionada a que a Xunta de Galicia as entregue melloradas e debidamente pavimentadas.

O alcalde, Pablo Lago, explicou que  “Coa cesión destas estradas, o Concello de Brión podería mellorar a súa accesibilidade, adecuar e ampliar as beirarrúas, mellorar o alumeado público, reducir a velocidade dos vehículos e tomar outras decisións que nestes momentos son moi complicadas de tomar por ter a desvantaxe de andar a pedir autorizacións constantes ao titular da estrada, que é a Consellería”.

As estrada que solicita Brión son as que conflúen na rotonda dos Ánxeles. O tramo que parte da AC-543 desde Bertamiráns; o da AC-451 que nace na rotonda de acceso á Autovía Santiago Brión; e o da AC-300 desde a rotonda de Soigrexa.

Punto negro

O alcalde brionés fixo fincapé na necesidade de que no momento da cesión da titularidade todos os tramos estean nunha situación óptima de conservación. Reiteroulle á conselleira a necesidade de actuar na rotonda da rúa da Senra, onde se teñen producido varios sinistros de tráfico que se atribúen a un deficiente peralte da mesma. Ethel Vázquez amosou a súa preocupación por este problema e comprometeuse a buscarlle unha solución axeitada e coa maior brevidade posible.

Pablo Lago destacou e agradeceu a bo receptividade da conselleira coas peticións realizadas, se ben precisou que a conselleira xa lle adiantou que a Xunta deberá facer un estudo económico previo da viabilidade destas peticións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial