Brión celebrará hoxe o Día de Santa Minia

0

Brión, 27 setembro 2021 –  O Concello de Brión continúa celebrando a súa Romaría de Santa Minia 2021 que chega hoxe luns ao seu día grande.

Unha Santa Minia moi esperada pero condicionadas pola pandemia sanitaria da Covid-19. O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, sinala que “temos que agradecer a gran colaboración que están a ofrecer os romeiros e romeiras que nos visitan, pois cumpren perfectamente cos protocolos indicados en canto a hixiene de mans, distancia social e máscara. Unha colaboración que agradecemos de cara a poder desfrutar das festas con seguridade”.

Visitantes que non deixa de aumentar, dende que comezaron as festas o pasado venres. Con todo a carballeira de Santa Minia viu reducido o número de romeiros e romeiras este domingo por mor da chuvia.

A xornadas do venres e sabado mantiveron un bo ritmo, se ben foi aumentando o número de visitantes conforme pasaba a xornada. Un número de visitantes que, pese a supoñer un forte incremento que non tiña nada que ver co que é ano “normal” das Festas de Santa Minia. Boa proba diso é que as persoas asistentes puideron aparcar no parking disposto a carón da propia Carballeira, pois non houbo necesidade de utilizar outros.

Día de Santa Minia

Para hoxe luns 27 de setembro, Día de Santa Minia e festivo local en Brión, está previsto o maior número de desprazamentos ao municipio. Haberá oficios tanto de mañá (9:00, 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00 horas) como de tarde (17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas), agardándose a maior afluencia de xente coincidindo coa misa solemne das 13:00 horas. Durante a mañá, a música correrá a cargo do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes e Festicultores Troupé.

Entre as 13:00 e 14:00 horas está prevista a visita oficial á Romaría de Santa Minia do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e do presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso; quen estarán acompañados por alcaldes e concelleiros da comarca e comarcas veciñas.

Pola tarde, continúa a música tanto no espazo familiar con Odaiko e “Tempos modernos” (ás 18:00 horas, na praza do Concello) como coa banda municipal de música de Brión (ás 20:00 horas na parcela habilitada para os concertos).

A diferenza de anos anteriores, non se cortará en ningún momento a avenida de Santa Minia. Si haberá distintos lugares de aparcamento debidamente sinalizados, estando o máis próximos á Carballeira a carón da Escola Municipal de Música de Brión. No caso de que este estivera ocupado na súa totalidade, os efectivos de Policía Local e Protección Civil indicarán ás persoas asistentes os aparcamentos libres máis próximos á zona da festa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial