Brión conmemorará o mes da biblioteca con espectáculos gratuítos todos os venres

0

Brión, 5 de outubroi do 2021 –  O Concello de Brión conmemorará o mes de biblioteca programando espectáculos gratuítos todos os venres de outubro, ás 18:00 horas, na sala municipal de Exposicións.

Para estas actuacións, dirixidas a toda a familia, haberá que reservar localidade a través de bibliotecadebrion@briondixital.com, de forma presencial na biblioteca municipal ou a través do teléfono 981 59 99 69 (Tardes).

Unha programación que arrincou o venres pasado. O artista Paco Nogueiras colleitou un gran éxito co seu espectáculo Extra!. Case medio cento de brioneses e brionesas de todas as idades desfrutaron deste curioso xornal musical.

Paco Nogueiras

Para o próximo venres 8 de outubro queda “Médico de familia”, de Pedro Brandariz;  o 15 de outubro será a quenda da música rock de Pakolas co espectáculo “Ramóna Óbriga”. Pecharán o ciclo Moc-Moc-MeRe Clow con “Circo na carga” e Rigoletto Teatro, con “Cantando con Pinocchio”.

En todos os espectáculos respectaranse as normas ditadas polas autoridades sanitarias para garantir a seguridade das persoas asistentes. Por iso, será obrigatorio o uso de máscara, a hixienización de mans con xel hidroalcólico na entrada e permanecer sentados en cadansúa cadeira mantendo a distancia de seguridade entre persoas que non convivan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial