Brión acolle “Contos de primavera”, contacontos para nenos de 3 a 9 anos

0

Brión, 12 de maio do 2017 –  A sala de exposicións da Casa da Cultura de Brión acolle esta tarde, ás 18:00 horas, a representación de “Contos de primavera”, unha sesión de contacontos dirixida a un público infantil de entre 3 e 9 anos de idade. A participación é totalmente libre e de balde.

“Contos de Primavera” é o segundo espectáculo da muradá Celtia Figueiras, que o pasado mes de marzo xa acadou gran éxito de público coa súa representación dos “Contos de Inverno”. O obxectivo é que os nenos e nenas aprendan a ver e sentir as distintas estacións do ano dun xeito diferente. O espectáculo está organizado polo Concello de Brión, en colaboración co programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial