Brión convoca dous cursos de informática en liña e seis obradoiros dixitais

0

Brión, 11 de febreiro do 2021 –  O Concello de Brión convoca dous cursos de informática en liña, de Word e Excel, e seis obradoiros dixitais para os meses de marzo e abril.

En todos os casos, as inscricións poderán realizarse, ata unha semana antes do inicio do curso, na Aula CeMIT  de Brión. Poderá facerse por teléfono, 981 50 99 08 (martes e xoves, de 10:00 a 13:00 horas) ou ben no mail cemit.brion@outlook.com (achegando datos persoais e nome do curso ou do obradoiro).

cursos de informática en OrosoOs dous cursos básicos de manexo dos programas Word e Excel terán unha duración de 40 horas e un prezo de 50 euros cada un. Por mor das restricións da Covid-19, este ano os cursos terán lugar en liña, e non presenciais, durante os meses de marzo e abril, con titorías por videoconferencia. O Concello de Brión dará a posibilidade de obter un certificado do curso previa superación dun exame.

Duplica os obradoiros

No que atinxe aos obradoiros dixitais, a boa resposta da veciñanza durante o ano 2020 fai que o Concello de Brión opte por duplicar esta oferta formativa gratuíta. Trátase de pequenos obradoiros para aprender o manexo de tecnoloxías e programas moi concretos: certificado dixital, zoom, seguridade social, sede electrónica, SEPE e Chave 365. A duración é de 2 horas por obradoiro, que contará con titorías por videoconferencia os martes e xoves, previa solicitude da mesma por correo electrónico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial