Brión mellora a comunicación con Teo a través de Bastavales

0

Brión, 13 de agosto do 2021 – Brión inviste máis de 63.000 euros, de fondos propios, en mellorar a estrada que atravesa o concello e o comunica por Bastavales co concello de Teo.

Os obras de mellora unen a estrada AC-300 Os Ánxeles-A Picaraña co Santo Arandel e o límite do municipio na parroquia de Bastavales. A intervención mellora ademais a conectividade da  aldea de Beca.

Trátase ademais de revalorizar espazos de importancia patrimonial, natural e histórico como a Ponte Paradela, o Castro Lupario ou o Santo Arandel, ou as rutas de sendeirismo do Castro Lupario ou do Río Sar.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, explica que “comezamos aglomerando as urbanizacións pero non nos esquecemos das parroquias, actuando non só en Bastavales, senón tamén na Luaña, Cornanda, Boullón, Os Ánxeles, Brión e no resto do concello”.

Neste caso, as obras supuxeron a reparación das fochancas deste camiño en Bastavales, de 1.711 metros de lonxitude, que posteriormente foi aglomerado en quente cunha mistura de 6 centímetros. A obra completouse co pintado da sinalización horizontal e a adaptación das entradas e posta a cota de todas as tapas de pozos, arquetas, reixas e sumidoiros.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial