займ срочно

Brión, Muros e Noia piden unha asamblea da Mancomunidade Serra do Barbanza

0

Bisbarra, 28 de febreiro do 2022 – Brión, Muros e Noia aprobaron unha moción presentada nos tres concellos polo BNG que pide unha reunión da Mancomunidade Serra do Barbanza.

A intención dos nacionalistas coa presentación das mocións é que, en esa reunión demandada,  Serra do Barbanza solicite de xeito formal a axuda da Deputación da Coruña no desenvolvemento do seu modelo de xestión.

Novo contrato con novos pregos

A iniciativa xorde ante a cercanía do remate do contrato coa actual concesionaria o vindeiro ano. O BNG quere que o ente provincial colabore no deseño dos novos pregos de contratación e na realización dun estudo de viabilidade da planta.

Os nacionalistas sinalan a necesidade de que se coñeza con exactitude a situación financeira da Mancomunidade para poder abordar a posible inclusión de novos membros. Concellos como Ames, Outes ou Rianxo, teñen manifestado o seu interese de participar do modelo de reciclaxe da planta de Servia, máis, para que iso fose posible, é imprescindible coñecer as condición de adhesión e as posibilidades de dimensionamento da planta.

O texto aprobado tamén explora a colaboración provincial para a mellora de equipamentos na planta, comezando pola máquina volteadora, tan solicitada polo persoal do complexo, para mellorar a eficacia no tratamento do lixo orgánico.

Solicitude da Mancomunidade

Desde o BNG sinalan que xa teñen mantido contacto coa Deputación e, aseguran a disposición desta institución a prestar axuda sempre e cando sexa a propia mancomunidade quen a solicite.

Esa necesidade foi tamén o que impulsou a presentación das mocións agora aprobadas. A responsable da formación nacionalista na Xunta Reitora do ente supra municipal, María Lago, afirmou que “aínda que a moción vai ser rexistrada tamén nos concellos de Porto do Son, Carnota e Lousame, agardamos que a premura na reacción do presidente da mancomunidade, o socialista Juan Manuel Saborido, alcalde de Carnota, para convocar a asemblea, faga innecesario o seu debate en máis sesións plenarias”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies