Brión aproba a modificación do Plan Parcial de Monte Balado

0

Brión, 22 de xuño do 2017 – O pleno municipal do Concello de Brión aprobou a modificación puntual do Plan Parcial de Monte Balado e desestimar a única alegación recollida no tempo de exposición pública, presentada polo concelleiro non adscrito Xesús Pena Espiña.

A aprobación contou cos 10 votos a favor do PSOE e o PP, a abstención do BNG e o voto a favor do concelleiro que presentou a alegación.

O alcalde de Brión, José Luís García, deu lectura a un informe técnico e xurídico para desestimar todas as cuestións plantexadas contra o Plan Parcial na súa alegación polo concelleiro non adscrito.

O informe rexeitou que se trate dunha manobra especulativa sobre un solo urbano consolidado, como denunciaba o concelleiro xa que faise sobre un solo urbanizable (non urbano consolidado) e “o que se pretende non é ningunha manobra especulativa, como suxire o alegante, senón unicamente posibilitar que a edificabilidade asignada polo Plan Parcial a cada unha das parcelas de equipamento (Ordenanza B) se poida implantar non só na propia parcela en cuestión, senón tamén en outras parcelas que se atopen cualificadas baixo a mesma Ordenanza B”.

O alcalde José Luís García apuntou que “desta maneira simplemente se abre unha posibilidade, que despois poderá ser levada a cabo ou non. E este Pleno será o que terá que decidir, en todo caso, se acepta ou non esa posibilidade que se lle presente”.

Legalidade da modificación

O concelleiro non adscrito mantívose na súa alegación e dixo que a modificación “claro que se move na legalidade, pero está no límite” e insistiu en que “aquí hai gato encerrado, non me gusta”. Un comentario que motivo unha contundente resposta por parte do alcalde brionés, quen lembrou que a modificación “non está no límite. É legal, sen dúbida ningunha” e lamentou que o concelleiro queira lanzar dúbidas sobre o proxecto coas súas declaracións.

Na legalidade da modificación coincidiron tamén PP e BNG. O voceiro popular, José David García Arcos, indicou que “ou é legal ou non o é. Dicir que está nos límites queda moi bonito pero non ten sentido” e defendeu que “o que se fai é ampliar posibilidades a un espazo que está morto e calquera cousa que se faga ten que pasar primeiro polo Pleno”. Neste sentido, insistiu en que “é mellor ter máis posibilidades para que aumenten as opcións de que veña un proxecto de interese. Non vexo o problema”.

Pola súa banda, o voceiro do BNG, José Luis Penas Corral, refrendou que “o Concello actúa dentro da legalidade e sen especulación, pero non teño seguro cal é a intención final da promotora. Non entendo o escurantismo por parte deles. O gato non está agachado no Concello, senón da empresa que está detrás”.

O alcalde brionés pechou o debate lembrando que “a nosa obriga é buscar o mellor para os nosos veciños” e indicando que “a pre-poposta que eu coñezo, se finalmente se presenta e ten as prestacións para os veciños que ten que ter, estou convencido de que contará co apoio unánime deste Pleno”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial