Plantación do Esquío no Piñeiro no parque municipal de Brión

0

Brión, 26 de marzo do 2021 – Brión acolle este sábado unha plantación de árbores autóctonos no parque municipal situado ao carón do campo de fútbol.

A Asociación pola Recuperación do Bosque Autóctono (ARBA) e a asociación cultural e medioambiental “O Esquío no Piñeiro”, en colaboración co Concello de Brión, organizan a plantación este sábado 27 de marzo, ás 18:00 horas e convidan a todos os veciós a participar.

A convocatoria aberta a todos os que desexen apadriñar un dos castiñeiros ou dos carballos que se plantarán. Para participar nesta actividade basta con achegarse polo parque municipal ás 18:00 horas con útiles para realizar a plantación: sachos, pas, caldeiros, etc.

 Esta non é a primeira vez que este parque municipal acolle unha iniciativa semellante. De feito, entre 2010 e 2014 realizáronse plantacións en distintos puntos deste espazo verde, organizadas por “O Esquío no Piñeiro” en colaboración co Concello de Brión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial