Brión, 17 de setembro do 2018 – É unha das romarías máis importantes do ano e a que marca o fin do verán, ou o comezo do outono, na bisbarra. A Santa Minia 2018 chega do 26 ao 28 de este mes.
A pequena Santa Minia foi martirizada nas catacumbas cando tiña 15 anos e desde o ano 1848 e venerada en Brión. Cada ano miles de fieis achéganse a Pedrouzos a renderlle culto pero tamén a tomar o polbo, bailar e disfrutar dunhas das mellores festas da contorna. Si o ano pasado Roi Casal era a punta de lanza dun programa moi completo, este ano tómalle o relevo Xabíer Díaz e Adufeiras do Salitre quen ademais é veciño. Pero non será o único, aquí tedes o programa por días
- 13:30 hrs.
Charanga Mekánika
17:30 hrs.
Culturactiva SCQ: “Saaabor!”
espectáculo familiar: comedia, teatro de rúa
19:00 hrs.
Xoldra de Rois
21:00 hrs.
Charanga Mekánika
22:30 hrs.
Orquestras
Capitol
Finisterre
00:00 hrs.
Fogos de artificio e queima da fachada - 10:00 hrs.
Charanga os Celtas
12:00 hrs.
Os Viqueiras de Ordes
14:30 hrs.
Sesión vermú coa orquestra Costa dorada
16:00 hrs.
Grupo feminino de ventos e percusión
Brassica rapa
17:30 hrs.
Dani García: “código” – espectáculo familiar de maxia
18:30 hrs.
Agrupación folclórica de Brión na praza do concello
20:00 hrs.
Orquestras Costa Dorada e América - 13:00 hrs.
Os Xirifeiros de Carril
17:30 hrs.
Circo Chosco: ”riscando o ceo” – espectáculo familiar de maxia e clown
20:30 hrs.
Faíscas da Pontraga
22:30 hrs.Concerto Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
Xabier Díaz (berrogueto, nova galega de danza, a cada canto) xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, presentarán en Brión o seu último traballo “Noró”. Este disco é un retrato do seu día a día, das últimas viaxes, unha celebración do equilibrio da república adufeira. É a banda sonora do norte que ten marcado a súa vida, que a ten enchido de tradición e de son, e que o orienta cara camiños insospeitados por explorar.
- 13:00 hrs.
A Gaita de Sarandón cos Requinteiros da Ulla
17:30 hrs.
Pulpiño Viascón: ”musicleta” – espectáculo familiar de home orquestra - 12:00 hrs.
Os Castros de Ames
17:00 hrs.
Festival de Bandas de música Populares – Carballeira de Santa Minia
Banda da escola de música de Rianxo
Banda de música municipal de Brión
Festival Monecadas e Feira Labrega
Non son as únicas actividades do mes en Brión. A Santa Minia compleméntase co festival de títeres Monecadas que terá a seguinte programación
Venres 21
18:00 hrs. | obradoiro de monicreques con Títeres Cachirulo
19:30 hrs. | Viravolta Títeres: “O galo Quirico e os seus amigos”
Sábado 22
13:00 hrs. | Títeres Cachirulo: “A cabeza do dragón”
Domingo 23
19:30 hrs. | Fantoches Baj: “tío miseria”
E por si non chegara todo isto, este ano o concello organiza a primeira Feira Labrega Daqui Darredor. O sábado 29 na Carballeira de Santa Minia desde as 11 da mañá ata as sete da tarde. O alcalde, José Luís García, explica que “a Feira Labrega servirá para presentar á veciñanza a iniciativa Daquí Darredor, uns espazos colaborativos de transformación de alimentos caseiros que promovemos dende o Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela. O proxecto está agora nunha fase crucial: aquela na que os participantes deben decidir que tipo de colaboración queren facer, que maquinaria lles fai falta e que formación precisan, polo que agardamos que moitos dos que se acheguen pola Feira Labrega se sumen a este proxecto pioneiro para poñer en valor os nosos produtos locais”. Pola súa banda unha das responsables directas do proxecto, Carmen Freire, di que “Teremos postos de produtos agrícolas e artesáns, así como actividades paralelas, música, catas, obradoiros para a rapazada, mostra de artesáns…, queremos recuperar as feiras como espazos públicos nos que se relacionan os produtores e os consumidores, coñecer á persoa que produce os alimentos. Porque recuperar estas relacións é algo fundamental para esta iniciativa”.
En definitiva a Santa Minia crece cada ano en actividades e, a maiores dos tres días de festa, vai cubrindo un mes de setembro moi especial no concello de Brión e na bisbarra.