Brión, 22 de decembro do 2020 – Brión retirará da parroquia dos Ánxeles unha placa que homenaxea a José Calvo Sotelo, ministro durante a ditadura de Primo de Rivera.
A retirada da placa faise en cumprimento do disposto na Lei de memoria histórica. Foi unha petición do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) que definiu a placa como un “vestixio doutros tempos”.
A placa, situada no local sindical agrario, carece de valor histórico e mesmo de utilidade, xa que unicamente ten a inscrición “avenida de José Calvo Sotelo”, unha denominación que xa non se usa xa que a avenida chámase na actualidade “dos Ánxeles”.