Brión convoca 2 talleres basados no Método Montessori

0

Brión, 27 de xuño do 2017 –  O Concello de Brión convoca dous obradoiros formativos para adultos de acordo co Método Montessori, un método educativo baseado na observación da natureza dos nenos.

Dous obradoiros que terán lugar os sábados 15 e 22 de xullo, cunha duración de 4 horas (de 10:00 a 14:00 horas) e un prezo de 10 euros por taller. As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura de Brión ou chamando ao 981 50 99 08.

O obradoiro do 15 de xullo plantexará a importancia dos seis primeiros anos de vida do neno e a filosofía do método Montessori, desenvolvido pola científica italiana María Montessori a finais do século XIX. Un método baseado na confianza no menor e en que no seu interior posúe o potencial suficiente para irse construíndo a si mesmo como persoa. Para iso, no obradoiro analizarán como funciona a mente dos pequenos, cales son os períodos máis axeitados para traballar  cos cativos ou que espazos e materiais utilizar para a súa educación.

O segundo obradoiro, que terá lugar o 22 de xullo, analizará o outro punto de vista: a preparación do adulto, encargado de guiar ao neno no seu proceso de crecemento. Durante as catro horas do taller, o alumnado aprenderá a adquirir ferramentas respectuosas coas que dirixirse ao neno sen premios nin castigos, nos que o adulto pasa de ser un controlador do neno a conectar co cativo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial