займ срочно

Brión incorpora un tractor e unha rozadoira ao departamento de obras

0

Brión, 30 de decembro do 2021 – O Concello de Brión vén de investir 157.864 euros na compra dun novo tractor e dunha máquina rozadoira para a súa brigada municipal de obras.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, explica que “tractor e rozadoira destinaranse a manter as estradas de titularidade municipal en condicións óptimas de limpeza. Ademais, servirá tamén para facer mais eficiente o propio traballo das brigadas municipais xa que os dotará duns medios mecánicos novos que lles permitiran realizar as súas labores dunha forma máis eficaz”.

O tractor, un John Deer modelo 6130M, foi adquirido con fondos propios mentres que a rozadoira de brazo, da marca Bomford modelo Falcon 5.5,  foi financiada con cargo a unha achega do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2021 da Xunta de Galicia. A adquisición desta maquinaria é unha mostra da clara aposta do Concello de Brión polo rural, xa que lle permitirá prestar un servizo de maior calidade á veciñanza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies