Brión acolle o espectáculo infantil de Xoán Curiel “Estamos no verán”

0

Brión, 14 de xullo do 2017 –  A Carballeira de Santa Minia de Brión acolle a partir das 21:00 horas, “Estamos no verán”, un espectáculo de música e danza creado polo músico compostelán Xoán Curiel e a banda Son+de2.

O espectáculo nace da novela-disco editado por Galaxia con textos de Charo Pita e músicas do propio Curiel. Trátase dun espectáculo infantil e familiar organizado polo Concello de Brión, en colaboración coa Deputación da Coruña, e de acceso totalmente libre e de balde.

“Estamos no verán” conta a aventura musical na que un grupo de amigos se embarca para formar un grupo de música xusto cando comeza o verán. Un grupo composto por Xoán Curiel (guitarra eléctrica, ukelele e voz), a cantante Jara Ortiz e o grupo Son+de2, composto por Marta Alonso Tejada (danza), Carlos Freire (batería), Alberte Rodríguez (baixo) e Álex Salgueiro (teclados).

O espectáculo de  Xoán Curiel levará a Carballeira de Santa Minia ritmos de rock, funky, blues e bossa nova, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial