Os veciños de Bugallido celebran o cabodano da liña P2

0

Ames, 27 de decembro do 2021 – Como unha das accións para reivindicar a volta da liña P2 a Bugallido os veciños celebraron o cabodano da súa desaparación.

No acto participaron veciños de Bugallido, Ortoño e Biduido, principais lugares afectados pola suspensión do servizo hai un ano.

A veciñanza vestida completamente de negro reuniuse na parada de Guimaráns para reivindicar a reposición da liña urbana que os conectaba con Compostela. A comitiva fúnebre estaba encabezada por un grupo de choradeiras que portaban unha fotografía do P2 e unha coroa de flores mentres se laian “botámoste de menos P2, volve pronto”. A ritmo de choca a veciñanza  continuou en procesión ata o Campo da Festa onde tivo lugar un responso “na honra do finado”. A oración reclamaba “que volva o noso bus” e criticaba o abandono do rural ao deixalos sen servizo “que miran para o rural, mentireiros lles chamamos”

“Agora que de Madrid a Santiago se chega en dúas horas, a nós dende Bugallido, lévanos tres” comezaba a homilía do cura párroco, figura que para a ocasión, exerceu o de sobra coñecido actor Federico Pérez, colaborando desta forma pola causa. O responso encomiaba o traballo realizado polo P2 dende o seu nacemento en 1971 “Conmemoramos hoxe o primeiro cabodano da desaparición do bus Ortoño-Santiago/Santiago-Ortoño. Morreu novo, con tan só 50 anos pero cunha vida de prestación de servizos necesarios á comunidade e de memoria imborrable”.

Un servizo necesario

A liña P2 garantía as necesidades de mobilidade dos veciños das parroquias afectadas, un servizo que comezaba en 1971. A parroquia de Ortoño con 11636 habitantes, a de Biduído con 15023 e a de Bugallido con 1607 son as máis poboadas do Concello de Ames.

Con todo, nin a alta porcentaxe de afectados nin o tempo transcorrido, nin as medidas levadas a cabo foron suficientes para acadar a reposición do P2 ou para lograr unha alternativa que facilite a comunicación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial