Bugallo aproba os orzamentos pero suspenden en confianza (audios)

0

Compostela, 18 de marzo do 2021 – Xosé Sánchez Bugallo conseguiu a aprobación dos orzamentos para este ano pero volveu a suspender no apartado de confianza da oposición.

Bugallo non necesitou da moción de confianza pero na práctica aprobou os orzamentos sen votos a favor nin abstencións. Tanto BNG como Compostela Aberta abandonaron o pleno polo que a súa ausencia contou como abstención e propiciou a aprobación.

Imaxe de arquivo dun pleno en Compostela

O Partido Popular tamén escenificou a súa postura crítica con Bugallo. O voceiro Alejandro Sánchez Brunete explicou que a intención era absterse por responsabilidade pero que a ausencia de CA non o facía necesario e polo tanto votarían en contra.

Argumentos repetidos

Os grupos repetiron posturas e argumentos pero foron, se cabe, máis duros co alcalde. Sánchez Bugallo defendeu desde o primeiro momento a necesidade da moción de confianza para aprobar os orzamentos.

A voceira do BNG, Goretti Sanmartín, foi a primeira en criticar a actitude do alcalde. Sanmartín calificou o orzamento de “paripé” e augurou que a liquidación do ano pasado porá en claro a xestión do alcalde

Marta Lois, de Compostela Aberta, culpou de novo ao equipo de goberno dos retrasos e de non querer negociar. Lois acusou a Bugallo de “deixadez e soberbia”

O voceiro popular, Sánchez Brunete, explicou de xeito amplo as dúbidas que tivo a hora de decidir o voto xa que o seu grupo tiña claro que debía ser non. El pola súa band cría que permitir a aprobación dos orzamentos era unha cuestión de responsabilidade. A ausencia de CA e BNG liberouno da decisión

O voceiro socialista, Sindo Guinarte, fixo un exercicio de equilibrismo dialéctico xa que criticou os retrasos de Compostela Aberta recoñecendo ter recibido documentación do grupo. Guinarte chegou a dicir que no seu grupo “non houbo vontade de non negociar”

Sobreactuación

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, repetiu na última parte do pleno os seus argumentos. Agradeceu que se permitira a aprobación dos orzamentos pero cualificou a actitude de CA e BNG de “sobreactuación” 

Na rolda de prensa posterior preguntamos ao alcalde si consideraba que debía de cambiar a súa actitude cara a oposición e esta foi a súa resposta

Ábrese unha nova etapa no concello que comeza con unha mala relación entre equipo de goberno e oposición. De todos xeitos todos terán que sentarse a negociar o destino dos remanentes polo que os cruces de declaracións seguirán nos vindeiros días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial