Bugallo levará os orzamentos de Compostela a pleno o día 12 (audio)

0

Compostela, 2 de marzo do 2021 – A Xunta de Goberno Local de Compostela, presidida polo alcalde Sánchez Bugallo, aprobou o proxecto de orzamentos que irá a pleno o día 12.

Hoxe martes está convocada unha Comisión de Facenda e para o día nove convocarase unha segunda. O período entre as dúas Comisións e o que se da o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, para negociar cos distintos grupos.

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Facenda, Marta Abal

Uns orzamentos distintos

En rolda de prensa Sánchez Bugallo explicaba que non eran os orzamentos que tiñan previsto desenvolver cando se presentaron ás eleccións pero a pandemia obrigou a sacrificar ideas

O plan de Bugallo e negociar ata o día 9. Si se chegará a algún acordo para introducir cambios poderíase ampliar o prazo pero do contrario irían a pleno o día 12.

Non descarta acordos pero a experiencia, di o alcalde, demostra que os orzamentos nunca foron apoiados pola oposición polo que espera conseguir unha abstención “facilitadora”

En todo caso Bugallo non contempla non ter orzamentos e fai fincapé na necesidade de dotar de soporte legal a moitas partidas de axudas, en especial os aumentos realizados no servizo de axuda ao fogar

O feito de que non contemple que non haxa orzamentos deixa aberta a porta a unha aprobación vinculada a unha moción de confianza. En este suposto a oposición tería un mes de prazo para presentar unha moción de censura e de non realizala os orzamentos quedarían aprobados definitivamente.

Proxecto de orzamentos

O proxecto de orzamentos de 2021 ascende a 125.020.077,77 euros, fronte aos 116.975.595,33 do 2020,  un 6,88% máis.

Ao capítulo I destínanse 35.010.206,93 euros. O incremento que se produce, dun 3.26%, débese, principalmente, a dous factores: á subida salarial do 0,9% aprobada polo Goberno do estado, o que implica un incremento total dos conceptos básicos do orzamento de 269.153 euros; e, segundo destacou Marta Abal, á “importante labor de contratación de persoal (676.794,53 euros) levada a cabo en diferentes departamentos do concello”, como as áreas de vivienda e urbanismo, de tesourerería ou de asistencia social primaria.

Ao capítulo II destínanse 50.439.752,67 euros. O incremento que se produce, dun 2,26%, relativo a gastos correntes de Bens e Servizos ben motivado en termos xeráis por:

-o incremento do gasto necesario para á licitación e adxudicación do contrato de residuos: 421.360,65 euros por 4 meses.

-o incremento do gasto necesario para a adxudicación do contrato de zonas verdes: 410.078,58 euros, por 8 meses de novo contrato.

-o incremento que se produce no contrato do SAF, o Servizo de Axuda no Fogar, de 542.775,26 euros, un 20,39% máis respecto do orzamento de 2020.

-o importante incremento que se produce na área de educación, de 593.871,24 euros, motivado pola necesidade de facer fronte a gastos extraordinarios da COVID 19 e a licitación e adxudicación de importantes contratos neste ámbito, como o da Escola Municipal de Músca, o de conserxería e limpeza, o contrato das escolas infantís, ou o servizo de limpeza extraordinaria pola Covid.19, que ascende a 230.955,42 euros para 5 meses.

A concelleira Marta Abal destacou o “importante aforro en alumeado público respecto do orzamento de 2020”, de 1.576.197,58 euros, o que supón un 29,33% menos de gastos, que explicou, se debe, sobre todo, a tarifa máis barata conseguida no ultimo concurso do ano 2020.

Ao capítulo III destínanse 643.620, 97 euros, o que representa un incremento do 61,92% respecto de 2020. Débese, explicou Marta Abal, ao aumento da dotación destinada ao pago de intereses de expropiacións, na que, indicou, “este goberno leva facendo unha importante labor de regularización ao respecto”. Os intereses de expropiación son de 210.391,44 euros, mentras que os intereses de amortización da débeda son de 45.728,92 euros.

Ao capítulo IV destínanse 17.377.280,79 euros, un 17,31% máis que en 2020; con 2.564.460,96 a maiores. As causas son, basicamente as transferencias correntes consignadas a favor organismo autónomo Auditorio de Galicia e da Sociedade Municipal TUSSA (293.000 euros); a achega ao Auditorio de Galicia que se incrementa en 200.000 euros; e o aumento da cantidade consignada para o transporte público en 1.429.644,08 euros para facer fronte á liquidación do transporte correspondente ao exercicio 2020.

Ao capítulo V de contixencias destínanse 100.000 euros, un 42,35% menos que o exercicio anterior.

Os capítulos VI e VII de investimentos increméntase un 19,82% respecto do orzamento de 2020, acadando a cifra de 18.482.395,67 euros: 17.172.645,67 para o capítulo VI e 1.309.750 euros para o capítulo VII.

A concelleira de Economía explicou que “isto é posible grazas á suspensión das regras fiscais, o que nos permite concertar unha operación de endebedamento de 10 millóns de euros, aproveitando a boa situación financeira na que se atopa o concello de Santiago de Compostela. Neste apartado destaca o impulso que se está a dar ao proxecto de compra pública innovadora de Smartiago, cunha dotación de 2.718.455,11 euros (fronte aos 1.105.848,68 previstos no orzamento do 2020) e a dotación de 400.000 euros do Plan de Sostibilidade Turística.

Marta Abal tamén destacou os investimentos para facer fronte a actuacións imprescindibles dende o punto de vista da salubridade e seguridade pública:

-Selado do vertedoiro de Aríns: 988.371,74 euros, que ven a completar o crédito necesario e suficiente para licitar e executar a obra na súa totalidade durante o ano 2021.

– Estabilización, reparación e acondicionamento dos muros de Fontiñas e do talud do Bidueiro: 620.545,97 euros.

– Depuradora da Silvouta: 453.750 euros.

-Transferencia Fundación Refuxio Animais: 40.000 euros.

Outros investimentos destacados son os de mellora dos espazos e mobiliario urbano:

-Remodelación do parque Alfredo Vicenti: 138.920 euros.

-Adquisición de mobiliario urbano: 80.000 euros.

-Instalación de alumeado público na rúa das Estrelas e en Figueiras: 147.050 euros.

-Reacondicionamento da dársena da Xoan XXIII.

-Acondicionamento das fontes da cidade histórica: 20.000 euros.

-Transferencia a sociedade mercantil TUSSA para a compra de equipamento destinado á futura estación de autobuses.

Destacou ademais, os investimentos para a mellora dos viais urbanos:

-Aparcadoiro de Triacastela: 364.459,80 euros.

-Reurbanización de Concheiros: 423.612,53 euros.

-Rehabilitación de firme vías urbanas: 1.500.000 euros.

A concelleira de Economía tamén lembrou os investimentos en inmobles municipais:

-Investimento no CSC de Santa Marta: 128.930,23 euros.

-Investimento CSC de Salvador Parga: 37.180,99 euros.

-Investimento mobiliario equipamentos deportivos: 50.000 euros.

-Reparación de cubertas de pavillóns municipais: 200.000 euros.

-Pulido e vernizado da tarima de parqué do pavillón de Fontiñas: 45.000 euros.

-Reparación da cuberta da escola infantil do Tambre: 87.809,05 euros.

-Equipamento para o espazo Apego:18.000 euros.

-Equipamento para o centro xove da Almáciga: 14.000 euros.

– Equipamento para as escolas infantís municipais: 15.000 euros.

– Investimento na pasarela da intermodal: 280.000 euros.

Otros investimentos importantes son os financiados con fondos Edusi, entre os que destacou:

-Plataforma de administración electrónica: 244.900 euros.

-Integración da solución de administración electrónica co sistema de facturación e co sistema de contabilidade: 300.000 euros.

-Restauración rio Sarela: 435.665,98 euros.

-Rehabilitación do edificio Casa das Máquinas: 145.459,88 euros.

-Recuperación Campus Sur para o Cidadá: 157.392,16 euros.

-Centro Integral para a Inclusión Social de Santiago de Compostela: 580.887,89 euros.

Investimentos no rural

Capítulo aparte merecen os investimentos no rural, que desglosou a concelleira. Explicou que no proxecto de orzamentos prevense investimentos no rural por importe de 2.438.336,35 euros, incrementándose o gasto destinado a actuacións de conservación e mantemento; e incorporando como novidade actuacións de conservación e mantemento de infraestruturas e equipamentos municipais nas parroquias do rural.

No capítulo de investimentos no rural destacou:

-Ampliación da plataforma do vial entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos (2ª fase): 303.700 euros.

– Mellora do viario dende o entorno da N-550 en Barciela ata Casas de Arriba en Cesar: 297.000 euros.

-Rehabilitación de firme de vías rurales: 628.434 euros.

– Acondicionamento do Camiño de Fisterra en Vilariño de Abaixo (Quintáns – Villestro): 210.041 euros.

-Posta en valor da contorna e acceso conxunto Barciela: 187.103,76 euros.

-Rexeneración e reforzo estrutural do pavimento da calzada da Rúa Santa Teresa Jornet (fase II): 137.420,23 euros.

Políticas Sociais e Educación

Marta Abal resaltou que “dende o punto de vista cualitativo é un orzamento cun forte incremento na área social e na área de educacion”

A política social (servizos sociais, cooperación, política de igualdade) segue a ser, sinalou “un dos principais ámbitos de actuación do goberno municipal”. Destacou o aumento do gasto, un 22,85% respecto do 2020, un 28,60% respecto do 2019 e un 28,72% respecto do de 2018. “É o maior gasto social na historia deste concello”, engadiu.

Marta Abal sinalou que, seguindo a “pauta iniciada por este goberno no orzamento do 2020, prodúcese un incremento importante na área de educación. Isto débese non só á necesidade de incrementar a partida destinada á limpeza dos centros de educación infantil e primaria (CEIPS) dependentes do concello para facer fronte aos gastos de limpeza extraordinarios a consecuencia da COVID -19, senón tamén á dotación do crédito axeitado e suficiente para outras actuacións vinculadas co departamento de educación, entre as que compre destacar o contrato relativo á Escola Municipal de Música e o contrato relativo á xestión do centro educativo e de Lecer María Miramontes, ambos a piques de seren adxudicados; e á licitación do contrato de conserxaría e limpeza de CEIPS e do contrato relativo á escola infantil de Conxo e Fontiñas”.

Ademais, tamén se dota de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ao contrato de comedores escolares tendo en conta as modificacións consecuencia da COVID -19, co correspondente incremento de persoal posto a disposición do contrato e aumento dos custos de limpeza”.

Como novidade, sinalou, consígnase crédito para a execución da obra relativa á cuberta da escola infantil consorciada de San Roque.

O incremento en educación é dun 12,41 %, respecto do 2020, un 28,80 % mais respecto de 2019, e un 32,35% mais respecto de 2018.

En canto ao capítulo VIII destínanse 122.198 euros, un 74,57% máis que en 2020; e ao capítulo IX, 2.844.622,74 euros, un 0,70% menos que no exercicio anterior.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial