займ срочно

O Caldo de Gloria de Rosalía servirase en 200 lugares de todo o país

0

Bisbarra, 17 de febreiro do 2022 – O vindeiro día 23 conmemórase o Día de Rosalía e desde a súa casa queren celebralo coa lectura dos seus textos, coa Alborada e co Caldo de Gloria.

Ao Caldo de Gloria xa se sumaron máis de 130 locais hostaleiros e máis de 60 comedores escolares, ademais de concellos e empresas de toda a xeografía galega. Trátase dunha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Comezou a realizarse con éxito en 2017, cun seguimento masivo en Padrón, e en 2018 xa se converteu nun evento seguido a nivel galego.

Caldo de Gloria na casa de Rosalía no 2017

Caldo de Gloria na casa Museo

Nesta sexta edición, o encargado de preparar o Caldo de Gloria na Casa-Museo será o cociñeiro Xoanqui Ameixeiras.

Será un acto non aberto ao público debido á pandemia. Será gravado en vídeo en vídeo para mostrar a versión de Xoanqui deste prato. En anteriores edicións elaborárono cociñeiros como Lucía Freitas, Pepe Solla, Chef Rivera ou Benigno Campos, ademais da escritora Ledicia Costas.

Caldo en todo o país

Este ano a iniciativa prosegue coa súa expansión polo país e máis alá, coa participación masiva da hostalería de Padrón e doutras localidades como Santiago de Compostela, Teo, Celanova ou Portonovo.

Tamén se unen a esta proposta, alén de entidades como Raigame, a Asociación de Hostelería de Santiago ou a Fundación Curros Enríquez de Celanova.

Pode consultarse a listaxe de participantes na web da Fundación  ademais das instrucións para facer o caldo e participar na iniciativa, alén de descargar os distintos materiais, como folletos, manteis ou carteis.

O obxectivo da Fundación Rosalía con esta iniciativa é que toda Galicia celebre a Rosalía a partir do seu poema “Miña casiña, meu lar” de Follas novas, no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia protagonizada por unha muller. Queremos que en lugares públicos, coma os comedores escolares ou os locais de hostalería, ou tamén no ambiente familiar e íntimo, Galicia se lembre de Rosalía a través da nosa gastronomía popular e das leccións que nos dá a protagonista do poema: como sobrevivir e mesmo ser feliz a pesar da penuria e das adversidades.

Alborada de Rosalía

Este ano volvese a celebrar tamén o Día de Rosalía cunha Alborada en colaboración coa Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas, ao igual que se fixera en 2013, en 2019 e en 2020.

A “Alborada de Rosalía” é unha peza musical escrita pola propia poeta, polo que a Fundación Rosalía de Castro fai un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia (e non só: tamén a outros músicos: sexan pandereteiras, requinteiras, tamborileiras, etc.) para dar unha alborada de gloria na súa honra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies