Camiño despexado para a renovación da depuradora de Compostela

0

Compostela, 19 de novembro do 2020 – O Consello de Administración de  ACUAES despexa o camiño para a renovación da depuradora da Silvouta ao autorizar o acordo con Augas de Galicia e o concello de Santiago.

O firma do acordo permitirá continuar co procedemento de adxudicación da redacción do proxecto, a construción e a posta en marcha do mesmo. O investimento na depuradora da Silvouta está previsto que alcance os 68 millóns de euros e permitirá a correcta depuración das augas residuais de Santiago de Compostela, nas condicións de vertedura ao río Sar que esixe a normativa vixente.

Coa aprobación do acordo de colaboración asegúrase tamén a posibilidade de optar ás axudas do Fondo de Reconstrución da Unión Europea.

Máis alá de Compostela

Os cambios e melloras na depuradora da Silvouta son algo demandado non só pola cidade xa que a contaminación do Sar convertía en moitas ocasións en baleiros os esforzos dos seguintes concellos por manter limpo o río.

A actuación dará servizo a unha poboación de 277.000 habitantes equivalentes e a conexión á rede de colectores existente. A nova EDAR ocupará os terreos da actual instalación e durante a súa construción deberase cumprir en todo momento cos requisitos de vertedura establecidos polo organismo de conca.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial