O Camiño Inglés crea unha rede de establecementos turísticos de atención ao peregrino

0

Bisbarra, 20 de novembro do 2020 –  A Asociación de Concellos do Camiño Inglés da os primeiros pasos para a creación dunha rede de establecementos turísticos de atención ao peregrino.

Coa colaboración de 15 municipios e a Deputación da Coruña o obxectivo da Asociación de concellos do Camiño Inglés é ofrecer unha atención de máxima calidade. En esta primeira fase a iniciativa admitirá a participación dun máximo de 32 establecementos. dous por cada un dos municipios que forman parte da Asociación. Os interesados deberán enviar as súas solicitudes a xerencia@caminoingles.gal antes do 15 de decembro.

O Camiño Inglés crea unha rede de establecementos turísticos de atención ao peregrinoProximidade e produto local

A convocatoria está aberta a aloxamentos, restaurantes e cafeterías con servizos de almorzos, comidas e ceas que estean situados a non máis de 200 metros do trazado do Camiño Inglés. En caso de que nun municipio haxa máis de dúas solicitudes valorarase que o local conte habitualmente con peregrinos como clientes, que empregue produtos agroalimentarios e/ou pesqueiros de proximidade, que estean comprometidos co medio ambiente, que teñan interese no traballo en rede, que conte con medidas implantadas para a prevención do contaxio pola Covid-19 e que estea disposto a crear un menú especial para os peregrinos baseado en produtos locais.

A xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Cristina García, explica que “as empresas adheridas a esta rede terán unha serie de vantaxes e un tratamento preferente en canto ás actividades que leve a cabo a Asociación como inclusión gratuíta nos soportes de difusión e promoción da entidade, participación nos programas de formación e capacitación ou presenza en feiras de turismo, eventos promocionais ou viaxes de medios a nivel nacional ou internacional”.

Cubrir todo o territorio

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, explica que “é un primeiro paso para poder ofrecerlles aos peregrinos uns servizos e unha atención da máxima calidade, sobre todo naqueles tramos onde non se está prestando ningún servizo a día de hoxe. Pretendemos iniciar esta fase con 32 establecemento e o obxectivo é poder traballar en rede con todos eles e manter un equilibrio territorial, xa que o que queremos é que haxa establecementos asociados ao longo de todo o Camiño Inglés”.

Na actualidade estase a realizar unha diagnose da situación de partida en colaboración cos 16 municipios membros, identificando proxectos de carácter local relacionados coa gastronomía quilómetro cero (como os da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo) e visitando unha mostra de empresas situadas a pé do Camiño. Con esta información elaboraranse as bases reguladoras da rede, que establecerán os requisitos de calidade, sostibilidade, prevención da Covid-19 e emprego de produtos locais que deberán cumprir os establecementos adheridos. Paralelamente, estase a deseñar a imaxe de marca que representará á rede.

“A nosa idea é que poder ofertar un Menú do Peregrino, preparado cos mellores produtos locais, nesta rede de establecementos”, explica o presidente da asociación, quen fai fincapé en que “sabemos que localidades como A Coruña, Santiago, Ferrol, Betanzos ou Pontedeume teñen un número maior de establecementos susceptibles de entrar nesta marca de calidade, polo que imos comezar con dous locais por municipio pero coa idea de que cada ano poidan incorporarse máis empresas e tamén outros tipos de establecementos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial