Campaña de apoio á hostalería de Melide

0

Melide, 27 de maio do 2021 – O Concello de Melide, dende a súa Concellaría de Promoción Económica, poñerá en marcha unha campaña para a reactivación económica da hostalería local.

Melide repartirá un total de 1000 bonos, cun valor unitario de 30€, dos cales o Concello asumirá 10€, achegando os usuarios os 20€ restantes. Os bonos non serán intercambiables por cartos podendo cada persoa mercar dous bonos. Para a adquisición dos bonos terase que presentar o Dni e ser maior de idade.

O único requisito para participar é contar cun local de hostalería no Concello e acudir a dependencias municipais a realizar a inscrición, momento no que se lles facilitará o distintivo que deberán colocar nun lugar visible do establecemento para a súa identificación como local participante.

Para a adquisición do bono os usuarios e usuarias terán que desprazarse ao edificio multiusos a partir do día 1 de xuño, de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

Os locais de hostalería de Melide que opten por participar no programa deberán inscribirse en dependencias municipais  ata o vindeiro 4 de xuño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial