Cen nenos da comarca de Compostela participan na campaña de esquí da Deputación

0

A Coruña, 23 de marzo do 2017 – Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Cerceda, Frades, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Rois, Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val Do Dubra e Vedra participan esta semana na estación invernal de Leitariegos (León) na cuarta expedición á neve da Campaña de Esquí 2017, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

Ata o vindeiro venres 17, os escolares destes concellos coruñeses terán a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

 

500 nenos da provincia aprenden a esquiar coa Deputación

O deputado responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, José García Liñares, subliñou a “gran aceptación” coa que conta cada ano este programa, que ata finais de marzo achegará a práctica do esquí a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses. 

A estación de Leitariegos, ubícase na comarca de Laciana, ao noroeste da provincia de León. Trátase dunha excepcional paraxe natural reserva da Biosfera que limita co Principado de Asturias e que conta con dez pistas balizadas de distintos niveis (cinco  vermellas, catro azuis e unha verde) e un snowpark, así como unha escola na que ofrecen clases de esquí e snowboard.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial