Carbia, en Vila de Cruces, asociase contra os eólicos

0

Vila de Cruces, 20 de xullo do 2021 – A veciñanza da parroquia de Carbia, en Vila de Cruces, crean unha asociación para loitar contra os eólicos.

O pasado domingo os veciños de Carbia reuníronse para sentar as bases da nova asociación. O obxectivo, explican, e evitar a fragmentación que dividiría á parroquia. De esta primeira xuntanza nace tamén o lema “Carbia deféndese!”.

No mes de setembro cumpriránse 77 anos do cambio institucional que mudo o nome do concello de Carbia a Vila de Cruces. Agora a parroquia vese ameazada por tres dos catro parques previstos na zona.

Tanto as casas como as terras quedarían dentro das áreas dos polígonos. Denuncian que onde remata a poligonal dun parque comeza a doutro “convertendo a zona nun macro parque dividido en varios para que semelle menor”.

Os parques que afectan directamente son: PE A Cunca e PE Axouxere de Green Capital Power, S.L e o PE Mesada de Aldesa Energías Renovables de Galicia, S.A .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial