Casalonga Limpa pide a Dirección Xeral de Minas que de explicacións

0

Teo, 22 de outubro do 2020 – Representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos pediron onte que a Dirección Xeral de Minas de explicacións do que está a suceder coa canteira da Casalonga.

O colectivo Casalonga Limpa de Resduos explica que a única declaración de impacto ambiental existente, que data do 2001 e se pode ler aquí, marca unha serie de obrigas que Toysal está incumprindo e pide a Minas que explique porque se permite e si se tomarán algún tipo de medidas.

Tanto na protección do solo, como da auga, como da vexetación ou a paisaxe, así como a non emisión de gases a atmosfera, o tipo de instalacións que se deben ter ou a canalización de residuos son aspectos que, según Casalonga Limpa de Residuos, non se están a cumprir, algo que se pode apreciar tan só con achegarse a canteira.  

O colectivo tamén explicaba a intención de baleirar a lagoa por parte da empresa, con continuos intentos de abrir unha válvula precintada por Augas de Galicia. Desde a Consellería a máxima responsable, Ethel Vazquez, dicía onte que Augas de Galicia mantén unha actitude vixiante sobre posibles verquidos na Canteira e actuará en consecuencia no caso de que se cometan irregularidades. A Plataforma se mostraba pesimistas ao respecto xa que “as multas que lle poñen é como si nos multaran a nos con un euro por exceso de velocidade, ao mellor compensaba”.

Accións legas e outras medidas

A Plataforma estuda si hai datos suficientes como para levar o caso á fiscalía. Ao mesmo tempo preparan un informe, coa colaboración de distintos especialistas, sobre a fauna e a flora da lagoa co fin de conseguir que entre en algún tipo de protección local ou autonómica. Esta protección protexería o ecosistema e impediría que se puidera alterar.

Casalonga Limpa lembra que a actividade da canteira, sempre que se cumpran todas as obrigas, podería continuar xa que a lagoa son 2 hectáreas e o resto da explotación máis de 50. En todo caso lembran tamén que non é unha canteira das consideradas aptas desde o Ministerio para calquera tipo de residuos polo que a actividade sería a de extracción e non outra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial