Casalonga volve a rúa en contra da Canteira

0

Teo, 11 de xuño do 2021 – Segundo fin de semana consecutivo de manifestación en Compostela e si o pasado foi en contra do modelo eólico este tócalle a canteira da Casalonga en Teo.

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos convoca á veciñanza este domingo 13 de xuño a camiñar desde a Canteira ata a Alameda de Compostela e desde alí a Quintana. O risco de instalación dun vertedoiro encuberto é a primeira preocupación do colectivo é o que os obriga a sair a rúa de novo.

Restauración

A manifestación ten como obxectivo conseguir a restauración da canteira da Casalonga conservando a lagoa existente.  A protesta vai dirixida a catro organismos moi concretos que, explican desde a Plataforma, “son aqueles que poden conseguilo:  Ao Parlamento español aprobando unha modificación do decreto 975/2009 sobre rehabilitación de espazos mineiros. Ao Parlamento galego limitando os usos do solo rústico. Á Dirección Xeral de Minas facendo realidade unha caducidade mineira que xa debera ter sido declarada. Á Dirección Xeral de Medio Ambiente declarando o espazo da lagoa como protexido e instando á empresa a retirar todos os residuos xa existentes nos seus terreos”.

A mobilización comeza ás 8:30 da mañá na pista da canteira da Casalonga. Lugar escollido por ser o epicentro do problema pero  tamén para deixar constancia da titularidade pública da pista que Toysal reclama como súa. Dende alí percorrerán, uns en bici e a maioría a pé, o camiño portugués, camiño que quedaría completamente estragado cun vertedoiro ao seu carón.

Ás 12h chegarán á Alameda, lugar onde se xuntarán coas demais persoas convocadas á manifestación (a plataforma pon a disposición da veciñanza un servizo de autobuses gratuítos para facilitar o desprazamento dende a Casalonga).

Tras a instalación dunha pancarta na Alameda, a manifestación arranca ás 12:30 en dirección á Porta Faxeira, continuarase pola Praza do Toural, Rúa Nova, cruza a Rúa de Xelmirez ata Rúa da Conga e seguidamente entrada na Praza da Quintana, onde se rematará coa lectura dun manifesto.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial