Castro Valente, imaxinando o século V

0

Padrón, 16 de decembro do 2020 – Esta semana comezaban os traballos de valoración no Castro Valente, en Padrón, como contabamos hai uns días.

Lindeiros achegouse para coñecer un pouco mellor que se pode atopar alí e que pode ser o Castro Valente. Os traballos, coordinados polo arqueólogo Mario Fernández-Pereiro, poden asentar a hipótese do sucedido en Galicia no momento da caída do Imperio Romano.

Fuxindo

Existe unha teoría que explica a razón de diversos xacementos en distintos puntos de Europa. Son lugares fortificados, planificados e que coinciden en torno ao comezo do Século V. A hipótese narra que coa caída do Imperio Romano, e o conseguinte baleiro de poder,  os gobernantes de núcleos de poboación consolidados, como en este caso o de Iria Flavia, decidiron construír refuxios fortificados en outeiros como o Castro Valente.

A razón evidente era controlar a zona e previr posibles ataques, desde o alto vense incluso outros outeiros que poderían ser enlaces co do Castro Valente tal e como nos explica Mario Fernández-Pereiro

O coordinador explícanos que se trata dun asentamento pensado, non unha aldea que crece aos poucos

Seguindo coa teoría do refuxio, aquí vivirían os máis ricos pero tamén aqueles que servirían para defender o Castro ou facer outras funcións de apoio

Noutra parte da zona sitúase a fonte de San Juan que estaba xunto a unha vella ermida desaparecida ao baixar o culto para unha aldea cercana. Na fonte consérvase unha lousa con inscricións do século XVIII. A fonte serve de referencia para procurar a ubicación da entrada ao Castro.

Os traballos

A valorización do Castro Valente comeza por delimitar a muralla e investigar algunha construción. Os veciños chamaban a zona “a cerca” e iso xa da unha pista do que alí hai

Francisco Alonso Toucido traballa na limpeza da muralla. Esta derrubada en varios puntos e en outros casi perdida pola construción de corta lumes. O primeiro paso e atopar a cota de uso, ese chan sobre o que se asentou a construción

Celtia Rodríguez encárgase da construción. O premio gordo sería atopar cerámica xa que iso podería datar a época e os usos máis concretos do lugar

A pregunta que lle trasladamos a Mario Fernández- Pereiro, é que se pode facer con un lugar como este. Non cabe duda da súa importancia patrimonial pero podería ser ademais un recurso turístico e educativo. Incluso sen limitacións económicas o camiño a seguir non sería doado de atopar

O certo é que queda moito por facer e as posibilidades de que se faga son reducidas. A limpeza do lugar, a intermediación coas comunidades de montes, a propia prospección arqueolóxica suporían uns custos que nunha situación normal serían difíciles de conseguir sen apoio institucional; nun contexto como o actual o que sucederá tras esta primeira valoración é toda unha incógnita.

O equipo

O equipo que coordina Mario está formado polos mencionados Celtia Rodríguez González e Francisco Alonso Toucido. Na visita coñecimos tamén a Carla Pascua, Tania Rial e Martín Rivas e tamén forma parte do equipo José Carlos Sánchez Pardo.

O proxecto “Castelos no aire. As fortalezas como símbolo do poder aristocrático na Gallaecia (400-600 e.c.)”, ao que pertence o Castro Valente, está financiado pola Deputación da Coruña a través das Bolsas de Investigación 2020.

Tedes vídeos, explicacións e máis información na páxina de Facebook https://www.facebook.com/CastelosnoAire/.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial