Castro Valente terá que agardar á resolución dos expedientes abertos (audio)

0

Padrón, 24 de maio do 2021 – O xacemento arqueolóxico de Castro Valente terá que agardar a que se resolvan os expedientes sobre o futuro parque eólico para saber en que situación queda.

A proposta socialista, presentada ante a Comisión cuarta do Parlamento, para que sexa declarado Ben de Interés Cultural non saíu adiante. Para a Xunta de Galicia o ben goza da máxima protección.

Membros do proxecto Castelos no Aire que realizaron as catas no xacemento

O Deputado popular Ovidio Rodeiro foi o encargado de respostar a proposta presentada pola Deputada socialista Noa Díaz. Rodeiro lembrou que o xacemento está xa incluído nos catálogos de bens patrimoniais necesarios e explicou que calquera actuación en eses terreos terá que ser autorizada pola Xunta

Noa Díaz respondeu que a incoación do BIC pode ser iniciada de oficio pola propia Xunta de Galicia e que, estando xa as catas feitas que demostran a importancia do xacemento, debería ser o que fixeran

Castro Valente terá que esperar a ver como se resolven as alegacións presentadas para paralizar o parque eólico e as peticións de protección reclamadas desde outros ámbitos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial