Catas de queixos galegos en Ames

0

Ames, 22 de novembro do 2021 – A teense Salomé Beiroa imparte en Bertamiráns dúas catas de queixos galegos, con denominación de orixe protexida (DOP), os vindeiros días 26 e 28 deste mes.

As catas terán lugar no  local multidisciplinar Dospasos, en Bertamiráns. A formadora iniciará os inscritos no mundo da análise sensorial deses queixos. Os dous obradoiros son independentes e xa se pode formalizar a inscrición enviando un mail a catasqueixos@beiroa.org.

Cada sesión permitirá degustar e aprender sobre os catro queixos galegos que contan con DOP (Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo do Cebreiro, Queixo San Simón da Costa e Queixo de Tetilla). A recoñecida catadora explicará as súas principais características e cualidades para os participantes adquiran coñecementos sobre como consumir e aproveitar mellor estes produtos tan propios da nosa terra.

Beiroa xa realizou algunhas sesións previas no local amiense sito na Rúa das Pesqueiras, 6, con éxito de participación, que agarda repetir este mes de novembro. Para facilitar a participación, as sesións son totalmente independentes e en horario de tarde o 26 (de 20:00 a 22:00) e de mañá o 28 (11:00 a 13:00).

Segundo Beiroa, as persoas que participen nesta actividade “nunca van volver ver nin comer o queixo da mesma maneira”, feito que corroboran as persoas que xa pasaron polos diversos obradoiros e catas que a formadora impartiu nos últimos anos.

No tempo que Beiroa leva formando persoas sobre queixos galegos con DOP, pedíanlle catas de acceso libre para o público non especializado. Cumprindo con esas solicitudes, a formadora teense abriu a posibilidade de que cada persoa interesada poida iniciarse na cata destes manxares por só 25 euros por sesión, que terán lugar todas as cuartas semanas de cada mes.

Salomé Beiroa leva dúas décadas formando parte do panel de cata da Xunta de Galicia e nos últimos anos impartiu formación para a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), para Galicia Calidade e diversas queixerías, entre outros axentes do gremio. Para asistir aos ditos cursos abonda con remitir un correo a catasqueixos@beiroa.org, indicando o nome da persoa participante e a sesión na que se desexa inscribir.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial