Browsing: Teo

informacións do concello de Teo

Teo
0
Reunión da Xunta de Seguridade Local de Teo

Teo, 22 de marzo do 2017 – Onte reuniuse a Xunta Local de Seguridade do Concello de Teo coa presenza do Subdelegado do Goberno, Jorge Atán, e o alcalde, Rafael Sisto. Un dos aspectos que centraron a xuntanza foi a seguridade cidadá con especial atención aos roubos en vivendas unifamiliares e aos incidentes ocorridos hai un par de semanas na urbanización dos Tilos, co incendio de varios vehículos. O subdelegado do Goberno adiantou que a investigación do tema dos incendios provocados en vehículos na urbanización dos Tilos está moi avanzada, confiando nunha pronta resolución dos mesmos. Respecto dos roubos Jorge…

Teo
0
Teo abre o prazo para solicitar praza nas escolas infantís

Teo, 18 de marzo do 2017 – As escolas infantís municipais de Teo continúan co proceso de admisión de solicitudes para o próximo curso 2017/18. Despois de tramitar as solicitudes de renovación, o alumnado que xa asiste aos centros, durante a primeira quincena na segunda é a quenda das solicitudes de novo ingreso. As solicitudes para asistir por primeira vez a algún dos tres centros públicos de Teo, en Calo, Os Tilos e A Ramallosa, deben tramitarse antes do 31 de marzo. Nesta convocatoria pódese pedir praza para nenos non nados cando a data prevista de parto sexa anterior ao…

Teo
0
Preocupación en Teo pola queima de 6 coches na noite do sábado, falamos co alcalde Rafa Sisto

Teo, 5 de marzo do 2017 – 6 coches foron queimados, esta pasada noite, por descoñecidos, na urbanización Os Tilos de Teo. Ata o lugar achegáronse membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A Estrada e os bombeiros de Ordes. O incidente súmase a unha serie de roubos en vivendas nos últimos meses polo que a preocupación dos veciños e do concello é grande. Falamos co alcalde de Teo Rafa Sisto quen explica o sucedido Para Rafa Sisto o sucedido nos Tilos é un problema de seguridade que afecta directamente a veciñanza e que as Forzas e Corpos de…

Teo
0
Teo Sostible recibe un dos Premios Galicia Enerxía do Colexio de Enxeñeiros

Teo, 4 de marzo do 2017 – O Concello de Teo recibía onte a comunicación oficial de que o programa municipal Teo Sostible foi recoñecido polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais nos seus premios Galicia Energía. Este programa está coordinado e impulsado dende a concellaría de Urbanismo, dirixida por Uxía Lemus. A nivel técnico conta coa participación de Rosa María Regueiro, investigadora e profesora universitaria de Economía Aplicada. O Colexio de Enxeñeiros Industriais recoñece o programa “Teo Sostible, accións contra o cambio climático e a loita contra a pobreza enerxética” no apartado de sensibilización e difusión en materia enerxética. O…

Bisbarra
0
Ames, Santiago e Teo presentan un Protocolo de Prevención e Atención de Desafiuzamentos

Ames, 10 de febreiro do 2017 – O Pazo de Raxoi acolleu a presentación do Protocolo Municipal de Prevención e Atención de Desafiuzamentos no que colaboran Ames, Santiago e Teo. Nesta presentación, que correu a cargo da concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de Ames, Luísa Feijóo, da concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde de Santiago, Concha Fernández, do concelleiro de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal de Teo, Xosé Ignacio Iglesias, da decana do Colexio de Psicoloxía de Galicia, María Rosa Álvarez, e do vicepresidente do Colexio de Traballo Social, Gonzalo Saborido, déronse a coñecer os detalles…

Teo
0
Teo podou un ano máis as árbores de Os Tilos tendo que talar unha ducia deles

Teo, 3 de febreiro do 2017 – Nas últimas semanas a concellaría de Servizos Básicos vén de actuar en 120 árbores na urbanización dos Tilos tendo que realizar a tala de varios exemplares, pouco máis dunha ducia. O criterio para realizar estes traballos de corte “foi a seguridade e a decisión ampárase en estudos técnicos que se veñen realizando nos últimos anos” segundo explica o concelleiro da área, Xurxo Francos. O edil de Teo destaca que “cortar árbores, e máis especies autóctonas, nunca é agradable e se se adopta esa decisión dende logo non é unha decisión nin arbitraria nin…

Teo
0
O BNG comeza unha campaña para procurar un Centro de Día para Teo

Teo, 28 de xaneiro do 2017 (fonte BNG Teo) – O Grupo Parlamentar do BNG presentou por petición do BNG de Teo unha enmenda ao Proxecto de Orzamentos da Xunta para incluir a construción e posta en funcionamento dun CENTRO DE DÍA para a atención dos veciños e veciñas de Teo que o precisen. O BNG mantivo unha reunión coas asociacións do concello para solicitar a súa colaboración na campaña de sensibilización e iniciaron a recollida de sinaturas nos centros de saúde de Cacheiras, Os Tilos e Calo. O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández, afirmou que a dotación…

Teo
0
Teo rebaixa o custo do deficit de xestión da auga no primeiro ano de administración pública

Teo, 25 de xaneiro do 2017 – O alcalde de Teo, Rafael Sisto, vén de presentar a memoria do primeiro ano de funcionamento do servizo público Augas de Teo, responsable da xestión de depuración e saneamento de auga. A valoración, á vista das cifras, só pode ser positiva e optimista. Segundo destaca o rexedor “coa xestión directa do servizo logrouse reducir o déficit do servizo en máis de 200.000 euros con respecto ao último ano de xestión privada, o que confirma a eficacia da xestión pública do ciclo integral da auga”. Augas de Teo comezaba a funcionar o 1 de…

Teo
0
O BNG de Teo propón iniciativas veciñais para incorporar aos orzamentos

Teo, 11 de xaneiro do 2017 (fonte BNG Teo) – O BNG proporalle ao goberno municipal  16 iniciativas recollidas nos encontros que mantivo con veciñas e veciños do concello durante o pasado mes de decembro para contrastar información e opinións sobre as necesidades das parroquias en materia de infraestruturas. As propostas aprobadas serán incluídas nos orzamentos de 2017. O resto serán defendidas mediante actuacións que o Bloque levará a cabo nos próximos meses. O obxectivo é conseguir que todas as propostas veciñais poidan ser levadas a cabo. Estas son as propostas que Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro e responsábel…

Teo
0
Teo recibe o recoñecemento de BIC para tres petróglifos

Teo, 24 de decembro do 2016 – O Concello de Teo vén de recibir unha notificación da Xunta de Galicia pola que se recoñece o carácter de ben de interese cultural (BIC) de tres petróglifos, concretamente Pena Bicuda de Loureiro, Outeiro do Corno I e Monte Cornide ou río Angueira. Culmínase así un proceso que comezou en abril, cando se remitiu a solicitude á Consellería de Cultura, e que “recoñece a importancia do patrimonio arqueolóxico teense” indica Conchi García, concelleira de Turismo de Teo. Xunto coa solicitude de BIC para estes tres petróglifos tamén se pedía para a ponte de…

Teo
0
O BNG reclama no Parlamento un Centro de Día para Teo

Teo, 20 de decembro do 2016 – O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego  recolle as peticións do BNG de Teo e presentará unha enmenda ao Proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia para incluir a construción e posta en funcionamento dun Centro de Día  para a atención dos veciños e veciñas que a precisen e a humanización da AC841 O concello de Teo ten, segundo datos do Instituto Galego de Estatística unha poboación de 18.505 persoas censadas. A poboación real é maior pois existe un número importante de residentes non censados. Malia a tratarse dun concello cun importante número…

Teo
0
Os alevíns do clube de Os Tilos campións galegos de beisbol

O equipo alevín do Club de Béisbol Os Tilos – Teo proclamouse campión de Galicia este sábado ao superar aos dous equipos presentados por Trasnos de Vigo, Black e Gray, na xornada de volta celebrada no campo provisional da Cañoteira, en Cacheiras. Teo, 29 de novembro do 2016 – Os máis pequenos da casa venceron aos Trasnos Gray por 8 carreiras a 0 e aos Trasnos Black por un marcador máis apertado de 11-9. Os alevíns teenses presentaron un equipo sólido e competitivo, a pesar das numerosas incorporacións de novos xogadores. Na xornada de ida, os pupilos de Max Contreras…

Teo
0
Torneo de Outono de béisbol no concello de Teo

Estivo organizado polo Club de béisbol de Os Tilos e contou con equipos de Cambre e Lugo en categorías alevín e infantil Teo, 8 de novembro do 2016 –  O pasado sábado 5 o club de béisbol Os Tilos de Teo celebrou a primeira edición do Torneo de Outono de béisbol, coa participación dos clubs convidados Cambre e Lume de Lugo que, xunto co anfitrión presentaron equipos de categoría alevín e infantil. O evento tivo lugar nas instalacións provisionais da Cañoteira, en Cacheiras, ao longo de todo o día. Ao campo achegáronse numerosos pais das futuras estrelas do béisbol galego,…

Teo
0
Cheo na Carballeira de Francos na primeira edición do Festeo

 6/6/2016 – O Festeo, a xornada de festa, actividades e convivencia que se celebra hoxe na Carballeira de Francos, rexistrou unha masiva afluencia de público ata o punto de que se produciron dificultades puntuais para aparcar, salvadas coa axuda dos efectivos de Protección Civil de Teo.  Varios milleiros de persoas acudiron ás actividades que tiveron como protagonistas as distintas entidades veciñais, culturais e deportivas que compoñen o tecido asociativo de Teo. Os colectivos culturais ofreceron actuacións durante toda a xornada. Comezou a asociación A Ponte Vella e foron sucedendose as agrupacións de Rosalía de Castro, Sociedade Recreativa de Calo, Pandereteiras…

Teo
0
O grupo Chévere recolle o premio nacional de teatro

2/6/2016 –  A compañía de teatro Chévere recibiu esta mañá na Catedral de Palencia o Premio Nacional de Teatro 2014. Os integrantes do grupo, inmersos na preparación dos seus proxectos creativos, non puideron achegarse a recollelo e delegaron no Concello de Teo, do que a compañía é residente. A institución local estivo representada polo primeiro tenente de alcalde, Ignacio Iglesias, e pola concelleira de Cultura, Pilar Faxil. O acto, no que se entregaron os premios de 2014 e 2015, contou coa presenza dos Reis de España e do ministro de Educación, Cultura e Deportes. No seu día, o xurado argumentaba…

Teo
0
Club Motociclista de Teo, preparando o mundial

Casimiro García é o presidente do Club Motociclista Teo, no próximo mes de setembro serán os encargados de organizar unha proba do Mundial de Trial que traerá a bisbarra máis de 80 pilotos de todo o mundo. En esta reportaxe coñecemos o club e o que se lles ven enriba. O trial de motociclismo é unha disciplina na que os pilotos deben superar obstáculos sen tocar o chan co corpo nin caer. As habilidades esenciais son o equilibrio e a planificación dos movementos para avanzar no percorrido.  O trial disputase en zonas naturais, polo que os obstáculos son pedras, madeiros…

Teo
0
Santa María de Lampai,  sobre os restos do pasado

A reportaxe en esta ocasión comeza moi preto do coñecido como O Rego de Tarrío, situado no medio dun val, no lugar de Mosteiro, alí atópase o templo de Santa María de Lampai, o máis importante exemplo románico do concello de Teo.  Non é casual o nome do lugar xa que a igrexa é o último resto dun mosteiro beneditino que existiu nese lugar, conta a lenda que acabou sendo arrasado polos propios campesiños cansos dos excesos e abusos dos monxes. A construción sitúase en torno ao ano 1150 aínda que a primeira referencia escrita é de 1185, un documento…

1 12 13 14

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial